Creagal
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, alégrase de informar da primeira publicación de recursos educativos abertos (REA) do proxecto cREAgal, nesta caso da materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de ESO.

Os REA do proxecto cREAgal están desenvolvidos por profesorado especialista na materia, presentan unha directa relación co actual currículo galego e foron creado coa ferramenta de autor eXeLearning baixo unha licenza aberta (CC BY-NC-SA). Neste espazo atópanse os REA para o alumnado e as correspondentes guías didácticas, onde se explica como aplicalos na aula e a súa relación coa programación de exemplo de PROENS.
Todos os recursos están baseados no deseño universal de aprendizaxe (DUA) e empregando metodoloxías activas orientadas a que o alumnado galego acade as competencias clave, co obxectivo de facilitar o labor docente cun enfoque híbrido e accesible, que permite a adaptación dos mesmos á realidade das aulas galegas.
Estes recursos estarán dispoñibles tamén no EVA do proxecto E-Dixgal dos centros educativos galegos.