Publicación dos REA de Matemáticas 1º ESO

Imaxe que amosa a portada de varios REA de Matermáticas 1º ESO

Publicados os recursos educativos abertos (REA) do proxecto cREAgal da materia de Matemáticas de 1º de ESO. Coa publicación destes sete REA, primeiros da  área de Matemáticas, desenvólvese o currículo da materia de 1º de ESO; trátase de situacións de aprendizaxe nas que se propón un reto ao alumnado, o que permite a adquisición das competencias clave e unha aprendizaxe máis significativa.
Cada un dos sete REA vai acompañado da correspondente guía didáctica, onde se explica como aplicalo na aula e a súa relación coa programación de exemplo de PROENS.
Ademais, estes recursos están dispoñibles tamén no EVA do proxecto E-Dixgal dos centros educativos galegos.