Creagal
Publicación dos REA de Música de 5º EP

Están dispoñibles, no repositorio de contidos, os REA para a materia de Educación artística: Música e Danza de 5º de E. Primaria. Como xa é sabido, estes REA desenvolven o currículo de Música e Danza para este curso a través de situacións de aprendizaxe que propoñen retos ao alumnado; deste xeito trátase de proporcionar máis significatividade ao proceso de ensino-aprendizaxe e maior logro das competencias clave.