Creagal
Publicados os REA de Lingua Castelá e Literatura de 5º de EP

A materia de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria incorpora novos Recursos Educativos Abertos (REA) ao proxecto cREAgal. Con estes seis novos REA, desenvólvese o currículo correspondente á materia, mediante situacións de aprendizaxe que presentan un reto ao alumnado, favorecendo así a adquisición das competencias clave e a aprendizaxe significativa.
Ao igual que nos REA xa publicados, cada un destes recursos inclúe a súa correspondente guía didáctica, onde se detalla a súa aplicación na aula e a conexión coa programación modelo de PROENS. Ademais, estes recursos están dispoñibles tamén no EVA do proxecto E-Dixgal dos centros educativos galegos.