Creagal
O profesorado de secundaria ten unha cita co webinario cREAgal o 25 ou 26 de xuño de 2026 ás 11:00h, podendo elixir a data que prefira.
Novos recursos educativos abertos (REA) para 2.º e 3.º de ESO
Presentación dos 49 novos REA e como utilizar os recursos cREAgal nas aulas
Que se presentará
49
novos REA de 2.º e 3.º ESO
+200
REA dispoñibles no repositorio cREAgal
CC BY-NC-SA
licenza aberta
Características dos REA
Elaborados por profesorado galego e adaptados ao currículo propio
Compatibles coas programacións modelo de Proens
Flexibles, inclusivos e publicables en aulas virtuais ou E-Dixgal
Uso, modificación e difusión libres (respectando a licenza CC BY-NC-SA)
Ademais mostrarase como estas situacións de aprendizaxe poden utilizarse, modificarse e difundirse libremente, coa única condición de respectar a licenza aberta (CC BY-NC-SA) que teñen e son sinxelos de publicar nas aulas virtuais dos centros ou en E-Dixgal.

O profesorado de secundaria recibiu unha invitación no seu correo electrónico para participar nun webinario, onde se presentarán os 49 novos recursos educativos abertos (REA) de 2º e 3º de ESO (facendo un banco de máis de 200 REA)
Estes REA, elaborados por profesorado galego, están adaptados ao noso currículo e ás programacións modelo de Proens, son flexibles e inclusivos, e considerámolos de interese para contribuír á mellora dos contidos dixitais híbridos demandada pola comunidade escolar galega.
Se queredes coñecer mais de como utilizar estes recursos, pregamos que accedades á páxina:
https://espazoabalar.edu.xunta.gal/creagal/como-usar-os-recursos
Animámosvos a utilizar estes recursos de calidade!
