Fórmate en cREAgal
Curso aberto de eXeLearning para o proxecto cREAgal

 

Se aínda non coñeces a ferramenta eXeLearning ou queres profundar nela, tes á túa disposición o curso aberto de eXe para o proxecto cREAgal. Esta formación permitirache de forma sinxela coñecer todas as posibilidades de edición dos recursos cREAgal.

 

exe + creagal
Curso aberto de elaboración de REA baseados en situacións de aprendizaxe

 

A formación aberta "REA de calidade baseados en situacións de aprendizaxe no proxecto cREAgal" permitirache profundar nos seguintes contidos:

  • Introdución aos REA (Recursos Educativos Abertos)
  • Dereitos de autoría e licenzas CC
  • Desenvolvemento das situacións de aprendizaxe en cREAgal
  • REA de calidade e accesibles no proxecto cREAgal
Banner do proxecto cREAgal
Guía técnica e de deseño do proxecto cREAgal

 

A Guía técnica e de deseño do proxecto cREAgal ofrece pautas de estilo, accesibilidade e técnicas para a elaboración de REA, coa finalidade de crear recursos cun estilo común e que promovan o acceso e participación de todas as persoas, baixo os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe.