APP Navegación Segura

APP Navegación Segura

Unha ferramenta estable e consolidada que está integrada por defecto desde a versión Abalar 11 (maqueta xestionada) e a versión Abalinux 12 (maqueta libre).

Tamén se ofrece como instalación opcional para Abalinux 11 (maqueta libre).

Un procedemento consolidado de xestión e mantemento que permite manter actualizadas as necesidades de bloqueos ou autorizacións de acceso a sitios específicos de forma periódica, cun protocolo centralizado que recibe as necesidades e analiza o impacto das mesmas.

Funcionalidades básicas 

  • Filtrado de contidos
    Filtrado de contido inapropiado usando Blacklist e Whitelist.
  • Filtrado por categorías
    Configuracións precisas para filtrado de sitios web por categorías.
  • Protección no domicilio
    Funciona indistintamente tanto no centro educativo como no domicilio.
  • Filtrado da actividade
    Evita accesos non autorizados a sitios con información sensible.

Esta ferramenta xa está integrada por defecto en Abalinux 12.

 

NOTAS:

A navegación segura pode instalarse tamén en Abalinux 11, de forma opcional.

  Manual de instalación para Abalinux 11

 

    Descarga do ficheiro para Abalinux 11 (maqueta libre)

Ficheiros