Espazos
-
Manual de instalación UEFI / BIOSImaxe -
Manual de instalación da maqueta Abalar Libre que inclúe os tipos de instalación sinxela, avanzada e personalizada, tanto para a súa instalación en equipos con UEFI como para a instalación en equipos con BIOS.
- Como crear un USB de arranque
-
Unha vez que descargamos o ficheiro ISO que contén a última versión estable da maqueta Abalar libre, podemos gravar a imaxe ISO nun dispositivo USB que nos permitirá arrancar o noso equipo con esta maqueta (en modo "live") e posteriormente realizar a instalación, se así o desexamos.
- Videotitorial de instalación
-
Neste videotitorial móstrase o proceso completo de descarga, creación dun dispositivo USB instalador e finalmente a instalación da Maqueta Abalar Libre.
- Como crear un DVD de arranque
-
Despois de descargar o ficheiro ISO que contén a última versión estable da maqueta Abalar libre, podemos gravar a imaxe ISO nun disco DVD que nos permitirá arrancar o noso equipo con esta maqueta (en modo "live") e posteriormente realizar a instalación, se así o desexamos.
- Como instalar a Maqueta Abalar libre no equipo
-
Despois de arrancar o noso equipo coa Maqueta Abalar Libre desde un dispo
sitivo externo (USB ou DVD de arranque) en modo "live", poderemos realizar a instalación da maqueta no disco duro.