As novas maquetas Abalar incorporan soporte para as tarxetas criptográficas de empregado público

A partir da versión 7.3 da maqueta abalar xestionada (Abalar/Edixgal) e a partir da versión e 18.3 da maqueta abalar libre, respectivamente, incorpórase soporte para o uso das tarxetas criptográficas de empregado público, actualmente dispoñibles para os membros dos equipos directivos dos centros educativos, cuxa finalidade é a de dar acceso para a xestión de diversos trámites e procedementos da administración electrónica e ás distintas ferramentas da Administración Xeral e da Consellería de Educación que estean preparadas para tal fin.

Desta maneira, estas tarxetas criptográficas xa poden ser usadas nos equipos que incorporen algunha das versións mencionadas das maquetas Abalar.

Imaxe
Tarxeta