Espazos
Espazo familias
Imaxe

O acceso ao espazoFamilias está dispoñible para os pais, nais e titores/as legais do alumnado matriculado nos centros públicos e concertados de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e FP Básica. Tamén pode acceder o alumnado cando son legalmente responsables de si mesmos.
Ao acceder á información dun alumno/a poderase consultar a seguinte información:
Información:
- Datos académicos: Pode realizar un seguimento académico do curso actual no que o seu fillo/a se encontra matriculado, consultando as súas cualificacións por avaliación e as súas faltas de asistencia.
- Curso actual: Pode consultar datos xerais do curso no que está matriculado o seu fillo/a como o seu titor, as súas materias e profesorado, as materias das que está exento ou se ten algún cargo no ámbito escolar.
- Escolarización: Pode consultar o histórico de escolarización do seu fillo/a e ver as súas cualificacións do ano anterior ao actual.
- Datos familiares: Pode consultar os datos de contacto dos que dispón a Consellería de Educación permitíndolle modificar os seus datos se estes se encontran desactualizados.
- Servizos complementarios: Pode consultar os datos dos servizos de transporte e comedor do seu fillo/a.
- Faltas de conduta: Pode consultar as faltas de conduta do seu fillo/a.
- Centro: Pode coñecer os datos de contacto do centro onde se encontra matriculado o seu fillo/a.
- Calendario académico: Pode consultar o calendario académico do centro ó que pertence o alumno/a.
Accións:
- Subscrición: Ponse á súa disposición a posibilidade de manterse informado da publicación de novas cualificacións, faltas de asistencia ou outras notificacións do seu fillo. Estas notificacións poden realizarse a través de correo electrónico, podendo darse de baixa destas subscricións desactivándoas cando desexe.
- Xustificar faltas: Pode xustificar as faltas de asistencia ou de puntualidade do seu fillo/a.
- Citas de titoría: Pode xustificar as faltas de asistencia ou de puntualidade do seu fillo/a.
- Incidencias do alumno: Pode consultar as notificacións do titor sobre posibles incidencias do seu fillo/a na aula.
- Avisos e notificacións: Pode consultar as notificacións do titor/a dirixidas ao grupo ao que pertence o seu fillo/a, así como outras notificacións realizadas polo centro ou pola Consellería de Educación.
- Mensaxería: Pode consultar as mensaxes que lle envían os profesores do seu fillo/a.