Identificación usuarios

Identificación usuarios

Ademais do acceso aos distintos apartados e tipos de contidos que poden ser consultados en modo anónimo, o profesorado, os centros educativos e as familias tamén poderán acceder aos espazos autenticados con funcionalidades específicas para cada colectivo:

  • espazo Familias
  • espazo Centros
  • espazo Profesorado

Para isto, será necesario que se identifiquen e desta maneira entrarán no seu propio perfil e poderán acceder a todas as funcionalidades específicas que precisan identificación de usuario. Para acceder a calquera dos espazos, seleccione na pantalla de inicio o apartado de “Acceso aos servizos”.

Unha vez se accede ao apartado “Acceso aos servizos” é preciso autenticarse no sistema para poder acceder ás funcionalidades existentes.

Imaxe
espazoabalar

O acceso aos servizos autenticados do portal realízase mediante un sistema de autenticación no que todas as persoas usuarias deben dispoñer dos datos identificativos de algún dos seguintes métodos de autenticación:

  • Usuario/a de Educación
  • Dispoñer da Chave 365
  • Usuario/a de Xunta
  • Dispoñer dun Certificado dixital.
Imaxe
acceso

 

Despois de identificarse, en función do perfil e das características de cada persoa usuaria, o portal mostrará o acceso a aqueles espazos aos que ten acceso, que poden ser un ou varios espazos.

Imaxe
Menús

Os espazos aos que ten acceso cada usuario/a dependen do seu perfil: director/a dun centro educativo, profesor/a dunha materia, pai/nai/titor legal dun alumno/a.