Espazo titorías

Espazo titorías
Imaxe
titorías

O espazoTitorías ten como obxectivo facilitar a colaboración entre o titor/a dun grupo e o resto de profesorado que imparte algunha materia nese grupo, para obter información previa do alumnado con fin de preparar as titorías cos seus responsables ou familias.

O espazoTitorías consta de dúas partes diferenciadas: 

  • Titor/a: Con acceso para o/a titor/a dun grupo con fin de solicitar un informe do/a alumno/a que desexe ao profesorado que proceda.
  • Profesorado: Con acceso para o profesorado ao que se lle solicita o informe. Incorpora os datos do alumno/a, o motivo da información solicitada e un apartado onde escribir o informe solicitado.