Espazos
Pago telemático
Imaxe

Este apartado facilitará a xestión dos pagos do comedor escolar sempre e cando este servizo sexa xestionado polo centro e sendo un comedor dependente da Consellería de Educación.
Para realizar o pago da taxa do comedor escolar existen dúas vías:
- Con certificado dixital.
Para isto accederase aos servizos empregando este certificado dixital e seguindo os pasos indicados. - Sen certificado dixital.
Previo ao pago haberá que dispoñer do documento de autoliquidación da taxa (para coñecer o importe a aboar). Este documento poderá ser facilitado polo centro ou accesible a través de espazoAbalar.
Imaxe

Este é encabezado do documento de Autoliquidación xenérico da Axencia Tributaria de Galicia onde se especifica que a Taxa é polo comedor escolar. Figurará o importe e os datos tanto do/a alumno/a así omo a persoa responsable do pago.
Imaxe

https://ppago.cixtec.es/ppagoIII/pagos/sc/consultaEntidades
Nesta ligazón poderase comprobar según o perfil as diferentes posibilidades de pago e as funcionalidades que están operativas para cada entidade bancaria.