Laboratorio de té kombucha
Competencias
 
Seguro que tes escoitado falar do Té Kombucha e dos seus beneficios. Se queres introducirte no cultivo de kombucha sen manchar as mans, aquí tes un laboratorio online para iniciar ao teu alumnado na investigación científica. 
Imaxe
Laborato rio Te kombucha

 

 

Nesta actividade poderemos aprender a cultivar té kombucha na aula ou ben, podemos participar cultivando té kombucha nun laboratorio en liña. Os laboratorios en liña permítennos realizar experiencias máis ou menos complexas, que poden ser perigosas, de longa duración, como é este caso, ou simplemente como paso previo á realización da experiencia real.

Neste laboratorio en liña, o alumnado aprenderá, desde o seu computador ou tablet a escoller hipóteses, recoller datos no seu caderno, realizar gráficas e, a partir de todos os resultados obtidos, expor unha conclusión.

Imaxe
ph kombucha

 

Observaremos como evoluciona o cultivo de kombucha en función da súa temperatura. En primeiro lugar, poderás observar o crecemento do teu SCOBY. Despois verás como varía o pH do teu cultivo segundo pasan os días.