Que é un laboratorio en liña?
Competencias
Palabras Clave
 
Os laboratorios online son un espazo web ou un software para a aprendizaxe interactiva baseada na simulación de fenómenos reais. O alumnado pode experimentar con técnicas de laboratorio que non coñecera ata o momento ou, coñecer e manexar equipos de laboratorio de difícil acceso.

 

Imaxe
lab online 1

 

 Existen catro tipos de laboratorios en liña orientados á educación científica, xa sexan remotos ou locais:

Laboratorio remoto. Realízase unha experiencia de laboratorio nun instrumento real, pero a distancia.

Laboratorio virtual. Realízase unha experiencia cunha boa interface que simule estar nun laboratorio. Todo parece real, pero non o é.

Simulador. É un laboratorio similar ao anterior, pero presenta unha interface plana, que se manexa mediante comandos e baséase nun motor matemático-lóxico.

Animación. Mostra unha experiencia de laboratorio, pero sen capacidade de interacción por parte do alumnado.

 

 

 

 

 

Imaxe
lab online 2

O ecosistema Go-Lab é unha plataforma gratuíta que pode utilizar profesorado e alumnado de calquera país. O obxectivo da Iniciativa Go-Lab é facilitar o uso de tecnoloxías de aprendizaxe innovadoras na educación STEM, con especial atención aos laboratorios en liña (Labs) e ás aplicacións de aprendizaxe por indagación (Apps). A través do ecosistema Go-Lab, o profesorado pode atopar diversos laboratorios e aplicacións, e crear espazos de aprendizaxe por indagación (ILS) personalizados.
  
Ao longo dos anos, varios proxectos contribuíron ao desenvolvemento do ecosistema Go-Lab, formado pola plataforma de compartición e apoio Go-Lab (Golabz) e a plataforma de autoría e aprendizaxe (Graasp). En cooperación con múltiples socios, persoal experto e provedores externos de laboratorios en liña, o ecosistema Go-Lab conta coa maior colección de Labs (laboratorios virtuais, laboratorios remotos e conxuntos de datos), un conxunto de Apps pedagoxicamente deseñadas e máis de mil ILS creadas por profesorado e persoal experto.