Ágora dixital
Science on Stage 2024
Palabras Clave
Science on Stage. A feira de ciencia escolar máis importante de toda Europa.
- Onde se celebra: Turku, Finlandia
- Cando se celebra: 12 a 15 de agosto de 2024
- Páxina web: https://www.science-on-stage.eu/science-stage-festival-2024
Science on Stage é unha feira internacional de ciencia que se celebra cada dous anos. Nela, cada un dos 30 países participantes presentan os 10 mellores proxectos seleccionados. Este evento reúne un compendio de experiencias novidosas, distribuídas en stands, obradoiros e conferencias que permiten a visitantes entrar en contacto con destacadas figuras docentes de STEM de toda Europa.
Todos os proxectos presentados no festival representan enfoques de aprendizaxe baseados na investigación.
- STEM para o alumnado máis novo: Proxectos para promover STEM na escola primaria para nenos e nenas de 10 anos ou menos.
- Educación STEM para o Desenvolvemento Sostible: Proxectos que contribúen ao logro dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
- Tecnoloxías Dixitais en Educación STEM: Proxectos sobre programación, educación dixital, TIC, Big Data, intelixencia artificial, realidade virtual etc.
- Diversidade no ensino STEM: Proxectos que reflicten a heteroxeneidade e diversidade da nosa sociedade, por exemplo, métodos de ensino que involucran a estudantes con diferentes niveis de aprendizaxe ou diferentes orixes culturais.
- STEAM en Educación: Proxectos que combinan as ciencias naturais con outras disciplinas, por exemplo ciencia, tecnoloxía, enxeñería ou matemáticas con artes, música, deportes, historia etc.
- Experimentos de baixo custo en educación STEM: proxectos de baixo custo de implementación.
Unha visita que o profesorado non se pode perder como visitante ou como participante, da que levará experiencias inesquecibles e tremendamente atractivas para a súa aula.
Imaxe