2ndGradetor unha app para o teu móbil
Competencias

 

Pode que non o creas, pero serás quen de programar unha app para o teu móbil, que che dará as solucións de ecuacións de 2º grao, sen máis que introducir os seus coeficientes.

Imaxe
presentación
Imaxe propia. Capturas de pantalla da App Pitagorator

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

Mans á obra

Paso 1
     Paso 2
    • Debes seleccionar o teu modo de acceso como usuario anónimo. A primeira vez, deberás seleccionar a opción “Continue Without An Account”
    Imaxe
    rexistro
    Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)
      Paso 3
      • MOI IMPORTANTE!!: Anota o código, ou fai captura da xanela que se abre a continuación. Ese código de usuario anónimo, é o que che vai a permitir volver acceder posteriromente aos proxectos que crees asociados a el.

      Imaxe
      codigo
        Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)

       

      Paso 4
      • A continución, podería aparecer algunha xanela de publicidade interna, simplemente continuamos:

      Imaxe
      saltar
      Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)
      Paso 5
      • Iniciamos un novo proxecto:

      Imaxe
      novo
      Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)
      Paso 6
      • Pomos título ao proxecto:

      Imaxe
      titulo
      Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)

       

      Paso 7
      • Cambiamos o idioma a Español (App Inventor non ofrece a posibilidade de Galego)

        Imaxe
        idioma
        Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)
        Paso 8.1

        Iniciamos proxecto 2ndGradetor. Alternaremos entre estes dous modos de edición:

        Imaxe
        modos
        Captura de pantalla AppInventor (CCO)

        No modo Deseñador, desde a Interfaz de usuario, introducimos os campos da app, arrastrándoos sobre a pantalla do teléfono que vemos debuxado.

        Imaxe
        Interfaz
        Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)

         

         Nesta táboa aparecen, na orde de colocación en pantalla, cada un dos campos e as modificacións básicas que debemos facer nas súas correspondentes propiedades.

        Imaxe
        táboa
        Imaxe propia. Táboa de campos e propiedades para a app Pitagorator (CCO)

        A xanela da aplicación, segundo imos agregando campos, ten esta apariencia:

        Imaxe
        apariencia
        Captura de pantalla AppInventor (CCO)

        O resultado, despois de de ter realizado todas as instrucións de configuración especificadas na táboa, debe ser o seguinte:

        Imaxe
        app
        Captura de pantalla AppInventor (CCO)

        Agora, ti podes personalizar a túa App, variando, ou ben nas propiedades da pantalla ou nas dos compoñentes, aqueles parámetros que consideres, cores, tamaños de letra etc .

        A seguinte imaxe ilustra unha mellora no deseño de 2ndGradetor á que se lle engadiron: unha imaxe de fondo, unha imaxe subida desde a Paleta de compoñentes da interface de usuario e a imaxe dun botón, creada co xerador de logos online Cooltext, que substitúe ao texto orixinal do Botón1.

        Imaxe
        app
        Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)
        Paso 8.2

        Desde o modo Bloques, debemos programar os compoñentes para que a nosa App calcule as solucións da ecuación ax2+bx+c=0,  que ten como coeficientes os valores de a, b e c introducidos nos campos de texto.

        Esta é unha captura global do programa completo:

        Imaxe
        bloques1
         Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor. Vista xeral do programa de 2ndGradetor completo (CCO)

        As seguintes son capturas detalladas para axudar a ensamblar os bloques de código do programa:

        Imaxe
        bloques2
        Imaxe propia. Captura de pantalla App Inventor. Detalle do código da app 2nGradetor (CCO)
        Imaxe
        bloques3
        Imaxe propia. Captura de pantalla App Inventor. Detalle do código que calcula a solución x1 (CCO)
        Imaxe
        bloques4
         Imaxe propia. Catura de pantalla App Inventor. Detalle do código que calcula a solución x2 (CCO)
        Paso 9.1

        Proba  e instalación de 2ndGradetor. Imos facelo en dúas fases, empregando estes dous menús:

        Imaxe
        modos
        Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)

        Proba e depuración de erros.

        Nesta fase, antes de instalar podemos comprobar que nosa App Pitagorator funciona correctamente, procedendo á depuración de erros. No caso de que este proceso se complicase, dando erros de execución, podemos saltar ao paso 9.2).

        Para realizar a depuración de erros, temos estas tres alternativas, que atoparemos no menú Conectar:Imaxe propia. 

        Imaxe
        AppInventor
        Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)

        AI Companion: Só se pode levar a cabo se o computador e o móbil están conectadas á mesma rede Wifi (pode resolverse conectándoos simultaneamente a través dunha wifi compartida desde outro móbil)

          O emulador está incorporado á aplicación coa que creamos os proxectos, aínda que pode dar problemas de execución, por estar bloqueado por firewalls ou antivirus. A opción de conexión dos dispositivos a través de cable USB require unha instalación previa dunha aplicación de configuración de App Inventor no computador.

         Paso 1: A aplicación xera una código QR no computador.

        Imaxe
        codigo
        Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)

         Paso 2: Abrimos a aplicación App Inventor no noso dispositivo móbil e escollemos unha das dúas opcións para conectar coa app deseñada no computador (imaxe esquerda). Á dereita vemos a app de proba unha vez realizada a conexión co móbil:

        Imaxe
        prueba
        Imaxe
        proba2
        Imaxe propia. Xerando versión de proba Pitagorator (CCO)

         

        • O emulador está incorporado á aplicación coa que creamos os proxectos, aínda que pode dar problemas de execución, por estar bloqueado por firewalls ou antivirus.
        • A opción de conexión dos dispositivos a través de cable USB require unha instalación previa dunha aplicación de configuración de App Inventor no computador
        Paso 9.2

        Xeración e instalación da App

        O proceso de depuración permítenos resolver problemas e facer melloras. Pódese repetir as veces que sexa necesario. Unha vez que consigas que a App funcione e teña a aparencia ao teu gusto, poderás instalala no teu teléfono ou tablet.

        Paso 1: Desde o menú Generar, selecciona esta opción:

        Imaxe
        apk
        Imaxe
        cargando
        Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)

        Paso 2: Podes descargar o arquivo no teu computador para compartilo no móbil ou descargalo directamente no teu móbil, a través dun código QR (ambos terán validez durante 2 horas, desde o mom,eto en que se xeran) :

        Imaxe
        descarga
        Imaxe propia. Captura de pantalla AppInventor (CCO)
          RETO

          REMATAMOS COA PROPOSTA DUN RETO!

          Resolve a ecuación x2+x+1=0, facendo os cálculos á man.

          A continuación, calcula as solucións empregando a app 2ndGrade. Que observas?

          Repasa o concepto de “Discriminante” dunha ecuación de segundo grao, e a súa relación co número de solucións da mesma.

          O reto que se propón é que mellores a túa app 2ndGrade para que, no caso de que o discriminante sexa negativo, devolva na Etiqueta 4 a mensaxe: “Sen solución real


           

          Tips docentes

          Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

           Esta práctica está pensada para estudantes de 3º ou 4º de ESO.

           A aplicación online App Inventor permite o seu uso sen precisar rexistro, a través dun código. O acceso posterior a proxectos anteriores so vai ser posible cando se tomou a precaución de gardar o código de acceso que se xera no momento de crear o proxecto na aplicación.

           App Inventor ofrece unha “Guía para mestres” na ligazón: http://appinventor.mit.edu/explore/hour-of-code/teach

           MOI IMPORTANTE:

          Unha vez rematado o deseño e desenvolvemento da app, e antes de proceder á súa descarga e instalación, adóitase realizar a fase de depuración de erros. Esta operación é moi sinxela, pero pode chegar a complicarse de non terse en conta previamente esta información. Tal como se indica no paso 9.2, en App Inventor existen tres alternativas:

          -  O emulador, co cal é posible simular dunha forma rápida a execución das apps creadas coa aplicación. O problema é que podería dar erros de execución, xa que os antivirus poden bloquealo. O docente pode realizar unha comprobación previa á realización da microsecuencia, por si fose preciso descartar esta opción.

          As outras alternativas son máis complexas para levar a cabo desde las aulas, posto que:

          - Conectar o ordenador a un dispositivo móvil a través de un código QR require que o móvil e o ordenador estean conectados á mesma rede wifi. Unha solución podería ser conectalos simultaneamente a unha wifi compartida, simplemente durante o tempo que dure a fase de depuración.

          - La terceira alternativa, consiste en realizar a conexión entre dispositivos a través dun cable USB. O problema é que para isto, nos computadores debería instalarse previamente unha aplicación de configuración que se facilita desde a web de App Inventor. Evidentemente, isto resultaría pouco ou nada operativo (imposible en caso de ordenadores Edixgal)

          EN CONCLUSIÓN: Se facendo unha proba previa, no funcionase o emulador, pódese saltar a fase de depuración e proceder á descarga, instalación e execución nos dispositivos móbiles do arquivo .apk que se xera desde o computador. En caso de que non funcionase correctamente, ou que se quixeran realizar melloras, pódese modificar e descargar cantas veces sexa preciso.

          Neste vídeo que mostra a evolución do globo de xeo poderás ver as seis horas de experimentación recollidas nun time lapse de 15 segundos.

           

          A túa clase nun clic

          Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

          Imaxe
          4
          Imaxe
          cast