Ágora dixital
Nesta experiencia exploraremos a beleza da ciencia. Observaremos como se comporta o aire ao interaccionar con obxectos máis ou menos aerodinámicos.
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
/>
Mans á obra
- Paso 1
-
Prepara o material: por un lado tes que ter o secador enchufado, no medio sitúa o obxecto co que vaias comezar a experiencia e no outro extremo pon a candea encendida.
- Paso 2
-
Unha vez teñas todo esto listo, encende o secador apuntando ao obxecto (neste exemplo ten forma cilíndrica).
ImaxeSheila Mirón. Experimento de aerodinámica
- Paso 3
-
Podes probar a subir un pouquiño o secador intentando non sobre pasar moito o obxecto. Observa que pasa coa candea.
- Paso 4
-
Proba agora con outro obxecto que non teña forma cilíndrica (pode ser con forma de cubo como aparece na foto).
ImaxeSheila Mirón. Experimento de aerodinámica.
- Paso 5
-
Volve repetir o mesmo movendo un pouco o secador cara arriba. Ocorre o mesmo coa candea.
- Paso 6
-
Unha vez realizada a experiencia cos dous obxectos, podes probar con outro tipo de obxectos que teñas ao teu redor e intentar sacar conclusións do que ocorre.
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Vale calquera tipo de secador pero é mellor que se poida regular a potencia e a temperatura para observar se os resultados varían segundo se modifiquen estes valores.
Podemos usar calquera tipo de candea pero, como xa se foi comentando ao longo da microsecuencia, canto máis pequena mellor porque non nos obrigará a ter obxectos moi grandes cos que traballar.
É importante realizar o experimento nun lugar onde non haxa correntes de aire (con fiestras ou portas abertas, por exemplo).
Podemos pedir que fagan un debuxo ou esquema do resultado onde se vexa como se comporta o movemento do aire con cada obxecto.
Que é o que ocorre? Os obxectos cilíndricos teñen boa aerodinámica, fan que o aire se adira á súa superficie ata chegar á candea neste caso. É o que se coñece como "Efecto Coanda". Este efecto di que: «unha corrente de fluído en movimento en contacto cunha superficie curva tenderá a seguir a curvatura da superficie en lugar de continuar viaxando en liña recta».
Por que voan os avións?
Hai catro forzas que fan que un avión se manteña no aire:
A sustentación: forza cara arriba que permite que o avión se manteña levantado gracias ao modo no que o aire se move ao redor das ás.
O peso: forza que leva ao avión cara abaixo. Para contrarrestar este efecto os avións teñen o peso repartido ao longo da estrutura.
O empurre: forza de tracción que leva o avión cara adiante, xerada polos motores.
A resistencia: forza que detén ao avión ao chocar frontalmente contra o aire, esta forza contrarréstase gracias ao deseño dinámico.
Estas catro forzas actúan conxuntamente gracias aos motores do avión. O fluxo de aire pasa moi rápido sobre as ás e é enviado para abaixo gracias ao deseño destas. Aquí actúa a forza de sustentación, que debe ser suficiente para contrarrestar o peso do aparato. Polo tanto, canto máis rápido avanza o avión, máis aire é enviado cara abaixo e maior é a súa sustentación.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|