Artesanía con resina epoxi
Competencias
Palabras Clave
Habilidades
Autoría

 

Nesta experiencia aprenderemos a crear pezas únicas de artesanía utilizando resina epoxi, un material moi versátil que se pode empregar para facer xoias, decoracións ou pequenos obxectos. A resina epoxi é un composto químico que cando se mestura co endurecedor, reacciona e solidifica, creando unha superficie dura, brillante e translúcida. Grazas ás súas propiedades, é moi utilizada en artesanía, carpintería e mesmo na construción de mobiliario.

O obxectivo principal de esta microsencuencia será aprender a mesturar correctamente a resina epoxi, vertela en moldes de diferentes formas, e engadir elementos decorativos como pigmentos, purpurina ou pequenos obxectos. Ao final, cada participante terá a súa propia peza de artesanía lista para lucir ou regalar.

Imaxe
M79_Imx01.png
Imaxe propia. Posavasos de refugallos electrónicos.

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

  • A resina epoxi é un polímero termoestable que se solidifica cando se mesturan as súas dúas partes. Esta reacción permite crear superficies sólidas e resistentes, transparentes ou de diferentes cores, segundo os pigmentos que se engadan. Pódese moldear para crear pezas personalizadas e, ao ser tan versátil, ofrécenos infinidade de posibilidades artísticas.
     
  • Protexer a zona de traballo cun plástico ou mantel e colocar as luvas para protexer as nosas mans.
     Paso 2

     

    • Para mesturar a resina e o endurecedor debemos empregar as proporcións correctas, que adoitan ser 1:1 ou 2:1, segundo o tipo de resina empregada (fíxate nos botes). 
       
    • Podemos empregar o vaso medidor ou a bascula para calcular as proporcións correctas. No bote de resina e endurecedor aparece as proporcións (ratio), a viscosidade e o tempo de secado.
    Imaxe
    M79_Imx02.png
    Imaxe propia. Características importantes da resina e o endurecedor.
    • Se a resina está sólida debe quentarse a 40º- 50º ata que sexa totalmente líquida.
      Paso 3
      • Botar nun vaso medidor a resina e o endurecedor, atendendo as proporcións indicadas polo fabricante. Por exemplo: 2 (resina) : 1 (endurecedor).
      Imaxe
      M79_Imx03.png
      Imaxe propia. Botar a resina no vaso medidor.
      Imaxe
      M79_Imx04.png
      Imaxe propia. Botar o endurecedor no vaso medidor.
      • Revolver ben co pau de madeira polo menos 3-4 minutos. A mestura debe facerse remexendo lentamente para evitar a formación de burbullas de aire.
      Imaxe
      M79_Imx05.png
      Imaxe propia. Botar o endurecedor no vaso medidor.

       

      Paso 4

       

      • Unha vez realizada a mestura, vértese nos moldes de silicona. Temos uns 30 minutos, depende da resina, tras facer a mezcla para botala no molde. Se esperamos moito, corremos o risco de que se endurezca.
      Imaxe
      M79_Imx06.png
      Imaxe propia. Verter a mezcla no molde.
      • Se hai burbullas, pódese empregar un secador de pelo para dar calor a mestura e que desaparezan.

      Paso 5

       

      • Unha vez no molde, podemos engadir pigmentos para darlle cor, ou ben pequenos obxectos decorativos para crear efectos personalizados. A creatividade é clave nesta etapa.
      Imaxe
      M79_Imx07.png
      Imaxe propia. Decorar a mezcla no molde.
      Paso 6

       

      • A resina necesita un tempo de secado que pode ir de 24 a 72 horas, dependendo do indicado polo fabricante, das condicións ambientais e do grosor da peza. É aconsellable que sexa un lugar seco é que non exposto.
      • Unha vez endurecida, a peza pode desmoldarse. Pódese pulir ou lixar para mellorar o acabado e lograr unha superficie aínda máis brillante.
      Imaxe
      M79_Imx08.png
      Imaxe propia. Desmoldar a peza de artesanía.
      Paso 7

       

      • É o momento para colocar enganches, engadir colgantes ou chaveiros ás pezas de artesanía.
      Imaxe
      M79_Imx09.png
      maxe propia. Acabado da peza de artesanía.
       

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

       Na introdución a esta microsecuencia explicaría que é un polímero.

      • Un polímero é unha molécula grande formada pola repetición de unidades máis pequenas chamadas monómeros, que están unidas entre si mediante enlaces químicos. Estas cadeas de monómeros poden ser lineais, ramificadas ou ter formas máis complexas. Os polímeros poden atoparse de forma natural, como o ADN, a celulosa ou as proteínas, e tamén poden ser sintetizados, como os plásticos, o nailon ou a resina epoxi.
         
      • A resina epoxi é un polímero termoestable que se solidifica cando se mesturan cun endurecedor. Esta reacción permite crear superficies sólidas e resistentes, transparentes ou de diferentes cores, segundo os pigmentos que se engadan.  A resina epoxi pódese moldear para crear pezas personalizadas e, ao ser tan versátil, ofrécenos infinidade de posibilidades artísticas.

       No apartado de Mans a obra, explicar ao alumnado a diferencia entre mestura homoxénea e heteroxénea.

      • Mestura homoxénea;
        • Os compoñentes están completamente mesturados e distribuídos de maneira uniforme en toda a mestura.
        • Non se poden distinguir os diferentes compoñentes a simple vista.
        • Ten un aspecto uniforme e constante en toda a súa extensión.
        • Exemplo: auga con sal, auga e azucre, etc.
           
      • Mestura heteroxénea:
        • Os compoñentes non están distribuídos de forma uniforme, polo que se poden distinguir a simple vista ou con microscopio.
        • A mestura pode ter diferentes fases ou partes visiblemente diferenciadas.
        • Exemplo: auga con area, aceite e auga, etc.
           
      • A mestura da resina epoxi e o endurecedor é homoxénea. Cando se mesturan correctamente en proporcións precisas, os dous compoñentes forman unha solución uniforme, onde non se poden distinguir as diferentes partes a simple vista. A mestura homoxénea asegura que a reacción química se distribúa de maneira equilibrada, permitindo que a resina se endurezca e solidifique correctamente.

       

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast