Como limpar a prata?
Competencias
Estratexias

 

Vexamos nesta microsecuencia como nos podemos aproveitar da química para pór de novo ben limpiños os nosos pendentes de prata.

Imaxe
M14 Im1

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

 

Mans á obra

Paso 1

 Para levar a cabo a limpeza seguiranse os seguintes pasos:

  • Quentar auga no recipiente.
  • Colocar papel de aluminio no fondo.
  • Engadir un pouco de bicarbonato e disolvelo. 

      Paso 2
      • Colocar os pendentes (ou outro elemento) de prata.
      • Esperar uns minutos. 

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

       A calor é recomendable para acelerar a reacción.

       A prata ennegrecida é un composto químico chamado sulfuro de prata. A función do aluminio é o de "quitarlle" ese sulfuro á prata, deixándoa limpa.

        Explicación detallada

      • Cando a prata se ennegrece é porque se oxida co sulfuro de hidróxeno do aire, formando sulfuro de prata e hidróxeno gas.

      2 Ag (s) + H2S (g) → Ag2S (s) + H2 (g)

      • Para reverter o proceso é necesario un metal que sexa máis fácil de oxidar que a prata.

      Ag2S (s) + 2 e- → 2 Ag (s) + S2- (aq)

      • Esta semirreacción ten un potencial Redox de E0=-0,691 V, polo que é preciso un metal cun potencial de redución inferior a -0,691 V.

       

      • Isto fano moitos metais, tal e como podemos comprobar se revisamos unha  táboa de potenciais de redución. Con todo, por prezo e accesibilidade, utilízase o aluminio.

       

      • A reacción global polo tanto é:  

      3 Ag2S (s) + 2 Al (s) → 6 Ag (s) + Al2 S3 (aq)

      • O papel do bicarbonato é o de proporcionar un medio cunha forza iónica elevada que favoreza a mobilidade iónica e a transferencia de cargas.

       

      • A calor é recomendable para acelerar a reacción .

       

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle. (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast