Ágora dixital
Nesta microsecuencia estudaremos como se forman as distintas cores. Analizamos como a suma de cores primarias dá lugar a cores secundarias.
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
Na retina do ollo é onde captamos a luz e nela atopamos unhas neuronas que permiten detectar fotóns: os bastóns e os conos. Os bastóns captan o nivel de luz, pero non achegan información sobre as cores, mentres que os conos si aportan información sobre as cores. Temos tres tipos de conos: os de tipo L, que detectan principalmente o vermello, os de tipo M, que detectan o verde, e de os tipo S, que detectan o azul. Así, por tanto, as cores que principalmente detecta o ollo son o vermello, o verde e o azul, ou RGB, polas súas siglas en inglés.
Entón, como se forman as cores coma o ciano ou o maxenta? Imos velo experimentalmente.
- Paso 1
-
- Coloca tres lámpadas LED programables nun soporte. Pon unha en vermello, outra en verde e outra en azul.
- Fai que as tres apunten cara ao mesmo sitio, a poder ser, de fondo liso, afastado uns 2-3 metros.
- Paso 2
-
- Apaga as luces.
- Agora, coloca un obxecto ou mesmo a túa man diante dos focos e observa o que se ve.
Imaxe - Paso 3
-
- Na figura proxectada na parede pódese obter unha mestura de cores.
- Imos analizala en detalle tendo en conta un fenómeno, a regra de adición de cores.
- Vermello + Verde = Amarelo (Y)
- Verde + Azul = Ciano (C)
- Azul + Vermello = Maxenta (M)
Imaxe
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Á hora de falar co alumnado cómpre diferenciar entre as cores primarias de luz RGB e as de pigmento CMYK, xa que o alumnado, xeralmente por influencia da materia de debuxo, asume como cores primarias sempre o espectro CMYK. Podes obter máis informaciónPara proxectar as sombras usa obxectos pequenos e sólidos, como unha calculadora ou un estoxo.
É moi divertido facer que o alumnado se poña diante dos focos e xogue a crear formas.
Nesta ligazón podes animar a superposición de cores.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|