Construímos un altofalante
Competencias

 

 Como é que funciona un altofalante? Como é que se transforma a electricidade en son? O son é algo tan común e que nos envolve tanto que moitas veces é ata descoñecido . Todo o mundo utiliza a diario sistemas de gravación e reprodución de son, pero sabemos como funcionan? Nesta microsecuencia comprenderemos estes fenómenos ao tempo que construímos un altofalante.

Imaxe
M30 Imx1

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Audio, altofalante e textura madeira, Inspired images en Pixbay. Pixbay License 

Mans á obra

Paso 1

O son é un fenómeno común que todo o mundo coñece, mais sabemos realmente como se produce? Sabemos como transmitilo?

Nesta microsecuencia crearemos:

  • Un teléfono, como introdución á transmisión do son.
  • Un altofalante caseiro, como unha aplicación dos coñecementos adquiridos.
 Paso 2

Creamos un teléfono cunha corda e dous vasos.  

  • Facemos un pequeno buraco en cada un dos vasos cunhas tesoiras.  
  • Pasamos a corda por eles, unindo os dous vasos.  
  • Facemos un nó en cada extremo da corda.  
  • Tensamos a corda.
    Paso 3
    • Unha persoa colle un vaso e outra pon o outro vaso a modo de auricular.  
    • Verase que cando a primeira fala, o son transmítese ata o segundo vaso.
    Imaxe
    M30 Imx3(1)
    Paso 4

    Construímos un altofalante

    •  Realiza unha espira enrolando o fío de cobre.
    •  Queima os extremos do fío.
    •  Coloca a espira sobre a base do vaso e pégaa con cinta adhesiva.  
    Imaxe
    M30 Imx4(1)

     

    Paso 5
    •  Conecta a espira á fonte de son mediante o mini-jack e os crocodilos.
    Imaxe
    M30 Imx5
    Paso 6
    • Achega o imán. Aumenta gradualmente o volume e observa como os vasos de café comezan a vibrar e producir son.  

    Tips docentes

    Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

     Teléfono con vasos.    

    • Cómpre ter coidado de que ao "facer a chamada" a corda estea tensa.  
    • Utilizar vasos que non sexan demasiado ríxidos, os de café para levar dan moi bo resultado.   

     Altofalante.    

    • É de vital importancia que o fío de cobre estea esmaltado. De non ser así, non se formará a espira como tal e, polo tanto, non funcionará.
    • Dependendo do mini-jack que se utilice pódense atopar varios cables ao pelalo, facer probas coas conexións xa que se hai máis de dous cables, un será de micro ou datos.  

     Funcionamento  

    •  Vasos . Ao falarlle ao vaso, este xera una vibración que se propaga pola corda até o outro vaso, que recibe dita vibración e a repite no vaso, xerando o son.  
    • Altofalante. 
      • O son transmítese como unha corrente eléctrica variable a través dos cables do jack que se conecta á fonte de son. Isto pódese comprobar conectándoo a un multímetro. Observarase entón como se le unha corrente continua que varía ao ritmo da música.
      •  Dita corrente continua viaxa polo cable ata a espira. Unha espira condutora obedece a lei de Biot e Savart, polo que xerará un campo magnético da forma:

       B=μ0I2R  

    • O campo magnético será, xa que logo, dependente da intensidade que recibe a espira, que como dixemos antes vén ao ritmo da música. Por todo isto, o campo magnético xerado pola espira, irá tamén ao ritmo da música.  
    • Finalmente, existirá unha forza magnética entre o campo magnético creado pola espira e o campo magnético do imán, que irá ao ritmo da música, facendo vibrar o vaso e, polo tanto, facendo son.

     

    A túa clase nun clic

    Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle. (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

    Imaxe
    4
    Imaxe
    cast