Es quen de ver o son?
Competencias

 

A mestra de música do colexio explicounos que o son comeza cando un corpo vibra e que produce unhas ondas que se propagan polo aire ou pola auga. Investigamos as vibracións en distintos instrumentos de aire, pulsados, de membrana, etc. e puidemos comprobar os distintos tons e frecuencias. E entón xurdiunos a seguinte pregunta: por que non somos quen de ver esas ondas sonoras que se propagan polo aire? Así empezou a nosa investigación co obxectivo claro de poder ver o son; e para isto decidimos empregar a luz. 


Imaxe
M13_im1

 

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1
  • Recortamos coas tesoiras o fondo do recipiente de plástico.  

  

M13_im2

Recipiente sen fondo

     Paso 2
    • Unímolo ao listón de madeira para que non se mova e empregamos uns tacos de madeira para que quede mellor suxeito.
    Imaxe
    M13_im3
      Paso 3
      •  No fondo do recipiente poñemos o globo previamente cortado, que podemos suxeitar cunha goma, e pegámoslle o anaco de espello con cinta adhesiva.  
      Imaxe
      M13_im4
      Paso 4
      • No outro extremo do listón, amarramos a lanterna láser empregando unha brida para que quede máis suxeita. E xa temos preparado o que lle chamamos “propulsor de son e luz”. 
      Imaxe
      M13_im5
      Paso 5
      • Toca probar o propulsor e para isto acendemos a lanterna. O láser refléxase no espello e a luz proxéctase na parede.     
      Imaxe
      M13_im6
      Paso 6
      • Comprobamos que cando falamos ou emitimos un son dentro do recipiente de plástico, a luz reflexada cambia de forma. Deste xeito “vemos” que as ondas viaxan polo aire e fan mover o láser. 
      Imaxe
      M13_im7
         

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

      •  Comprobamos que temos que meter un papel debaixo do láser para mellorar o ángulo e centrar a luz no espello.
      •  Vimos que canto máis pequeno sexa o globo e menos cinta adhesiva lle poñamos, máis vibra o globo, xa que pesa menos. Deste xeito, vense mellor os movementos no reflexo.
      •  É mellor facer o experimento coa luz apagada e de pé. Canto máis horizontal estea o listón, mellor sae a experiencia. Démonos conta de que o son, ao igual que a luz, viaxa en liña recta.
      •  Formulamos hipóteses de como podiamos ver as ondas sonoras viaxar no aire: con fume, con algo de néboa... Chegamos á conclusión de que as ondas sonoras non se ven no aire, pero si somos quen de ver os seus efectos. En consecuencia, vemos o son na vibración da luz. 
      Imaxe
      M13_Im7

       

      A túa clase nun clic

       Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast