Ágora dixital
Sabemos que non é posible escoitar a grandes xenios da historia contar a súa propia vida pero, e se puideramos acercarnos a esa sensación? Mediante un toque de creatividade e o uso da intelixencia artificial, poderemos crear hologramas de grandes personaxes da historia para que nos conten a súa biografía!

Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
Preparando o material: a personaxe, a súa imaxe e a súa autobiografía
Antes de empezar a gravación do son e a preparación e montaxe do vídeo, debes ter listos os seguintes arquivos:
- Unha pequena biografía da ou do personaxe da historia sobre quen vas facer o holograma, escrita en 1ª persoa.
- Unha imaxe desa persoa. - Paso 2
-
Audio da autobiografía
- Gravar o audio da autobiografía con Audacity.
Audacity é un programa moi intuitivo. Unha vez aberto o programa, simplemente pulsando o punto vermello gravarase o audio. No caso de que fose necesario, se cometes algún erro, pódese editar o audio, aínda que o aconsellable é que se intente facer unha gravación nunha sola toma!
ImaxeCaptura de pantalla de Audacity (CC BY SA) -
Exportar en MP3 e gardar o arquivo sonoro.
Unha vez realizada a gravación, expórtase o arquivo en MP3 e gárdase ben identificado para usalo posteriormente.
ImaxeCaptura de pantalla de Audacity (CC BY SA) - Paso 3
-
Xerar o vídeo coa axuda da intelixencia artificial.
- Abrir Canva, iniciar sesión e crear vídeo.
ImaxeCaptura de pantalla de Canva (CC BY SA) - Facer clic en Apps e elixir D-ID. Tamén se pode facer directamente desde a propia páxina: https://www.d-id.com/
ImaxeCaptura de pantalla de Canva (CC BY SA) - Subir o arquivo de imaxe da ou do personaxe da historia, o audio e xerar o vídeo.
ImaxeCaptura de pantalla de Canva (CC BY SA) - Paso 4
-
Editar o vídeo para o holograma.
- Axustar a medida do vídeo e cambiar o fondo a negro.
ImaxeCaptura de pantalla de Canva (CC BY SA) - Duplicar 3 veces e colocar tal como se indica na imaxe.
ImaxeCaptura de pantalla de Canva (CC BY SA) ImaxeCaptura de pantalla de Canva (CC BY SA) - Eliminar o son en 3 dos vídeos.
ImaxeCaptura de pantalla de Canva (CC BY SA) - Exportar en MP4.
ImaxeCaptura de pantalla de Canva (CC BY SA) - Paso 5
-
Elaborar a pirámide holográfica.
- Recortar as 4 caras da pirámide en acetato e pegalas con cinta adhesiva.
ImaxeRaquel Gey. Pirámide en acetato (CC BY SA) - Paso 6
-
Darlle ao play e gozar do resultado!
- Colocar a parte máis estreita da pirámide de acetato sobre o dispositivo procurando que quede no centro do vídeo, darlle ao play e gozar do resultado!
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Tal como se indicou no apartado mans á obra, para levar a cabo esta microsecuencia nunha soa sesión, é necesario ter listo, ao inicio da mesma, o texto autobiográfico e a imaxe que se vai usar. A persoa docente pode preparar o material previamente para proporcionárllelo a cada equipo ou dedicar unha ou dúas sesións previas co fin de que o propio alumnado prepare o seu material. Deste xeito, a aprendizaxe será moito máis profunda e desenvolverán máis competencias ca se se lles proporciona feito. Isto dependerá tamén da súa idade, habilidades e obxectivos pedagóxicos.

Nannerl Mozart, compositora e intérprete que, a pesar de ter tanto talento como o seu irmán Wolfgang Amadeus Mozart, é descoñecida para a maior parte do público ao igual que tantas outras mulleres ao longo da historia.
No exemplo que se comparte, elixiuse a
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |