Medición do pH na casa
Competencias
Palabras Clave

 

Todos os días escoitamos nas publicidades que os mellores produtos para a nosa pel son aqueles que teñen pH neutro, como o champú, o xel...

Que é iso do pH?

O pH é unha medida que se usa en química para saber se unha substancia é ácida ou básica. As substancias ácidas adoitan ser corrosivas para a nosa pel, mentres que as básicas poden resultar moi irritantes. Por este motivo, as substancias neutras son as máis axeitadas para o coidado da pel humana.

Imaxe
M65 Imx1

Shampoo , TabeajaichhaltPixabayPixabay license

  

E como se mide o pH?

Para isto emprégase un método colorimétrico, baseado en cores que van do 0 ao 14, onde 0 indica o valor máis ácido e 14 o máis básico. O pH 7 considérase neutro, que é o valor que ten a auga pura.

Nos laboratorios úsanse tiras colorimétricas ou reactivas, que cambian de cor ao contacto coa substancia a medir. Pero tamén se pode empregar unha substancia natural para facer a medición, como a cianidina presente no repolo vermello.

Imaxe
M65Imx6

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

  • Cortamos unhas follas de repolo vermello e machucámolas con auga nun morteiro.
Imaxe
M65Imx2
     Paso 2

     

    • Coaremos a mestura feita e, así, obteremos a cianidina. Empregaremos un conta-gotas para botala nas substancias ás que lles imos medir o pH.
    Imaxe
    M65 Imx3
      Paso 3

       

      • Mesturaremos a cianidina con vinagre, auga, lixivia, amoníaco, deterxente, bicarbonato e zume de limón.
      Imaxe
      M65 Imx3
      Paso 4

       

      •  Observamos as reaccións dos distintos líquidos e, coa axuda dunha táboa colorimétrica, clasificaremos as distintas substancias como ácidas, básicas ou neutras. No seguinte vídeo podedes ver as diferentes reaccións e o cambio de cor.
      • Nesta imaxe podedes ver as reaccións colocadas en orde, desde as máis ácidas ata as máis básicas.
      Imaxe
      M65 Imx4

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de maneira adecuada.

       IDEAS POSTERIORES

      • As distintas cores obtidas pódense usar para facer debuxos de tinta "invisible" que logo se revelarían ao aplicar a cianidina do repolo.
      • Tamén se poderían fabricar tiras reactivas colorimétricas caseiras. Para iso, empregaríanse filtros de cafeteira de goteo cortados en tiras, que se empaparían coa cianidina. Despois, deixaríanse secar e estarían listas para reaccionar con outras substancias e cambiar de cor segundo sexan ácidas, básicas ou neutras.

       CONSELLOS

      Probamos tamén a machucar a lombarda con alcol e incluso a cocela con auga, pero triturándoa ou machucándoa con auga cunha batedora, obtéñense mellores resultados. Ademais, este método é máis sinxelo e práctico para realizar co alumnado.

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast