Morse Phone
Competencias
Estratexias

 

Nunha charla que tivemos no colexio sobre ciberseguridade faláronnos da adicción que temos hoxe en día ao teléfono móbil. A titora propúxonos facer unha investigación sobre como se comunicaba a xente antes de haber móbiles. Así, descubrimos os teléfonos de disco, os telégrafos e o código morse.

Fixémonos a seguinte pregunta: seríamos quen de comunicarnos entre nós empregando o código morse? Para comprobalo, decidimos “fabricar” un móbil con código morse empregando as placas micro:bit que tiñamos no colexio. E así naceu o MorsePhone.

Imaxe
M29.Imx1

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

 

Mans á obra

    Investigamos sobre Samuel Morse e o código morse internacional.     Creamos o código da programación das placas micro:bit na páxina web micro:bit Makecode (enlace ao código creado: https://makecode.microbit.org/S04812-12204-80738-37448).

   

Paso 1
    

        

    
Imaxe
M29.Imx2
    

      

 Paso 2
    

        

  • Descargamos o código nas dúas placas.    
    
Imaxe
M29.Imx3
    

      

Paso 3 
    

      

Imaxe
M29.Imx4

 

    

Imaxe
M29.Imx6
    

 

    

 

Tips docentes

Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

 Para facer a investigación previa sobre o xeito de comunicarnos as persoas ao longo do tempo primeiro fixemos unha chuvia de ideas no encerado a partir da pregunta: como mandas unha mensaxe a alguén que non tes preto da túa casa? Nas respostas, como non podía ser doutro xeito, saíron os medios actuais: móbil, con todas as variantes (chamada, mensaxe de texto, Whatsapp, Telegram, Discord, Instagram, etc.), teléfono fixo, correo electrónico, correo ordinario... A titora díxolles que ela tamén coñecía o teléfono de disco, que era o teléfono que tiñan na súa casa de pequena, o fax e tamén un especie de código secredo que era o código morse. Tamén lembramos o código que tiñan no Antigo Exipto que vimos cando estudamos a Idade Antiga. Decidimos facer un traballo de investigación pescudando na internet sobre o teléfono de disco, o fax, o código xeroglífico exipcio e máis o código morse por grupos de catro. Os puntos a buscar eran época, espazo no que se desenvolveu, persoa/s que o desenvolveron, usos e emprego do mesmo.

 Démonos conta que o portapilas dábanos máis liberdade á hora de mandar as mensaxes xa que do outro xeito tiñamos que estar conectados ao portátil .

 Tardabamos bastante en enviar a mensaxe. Por iso, decidimos escribir previamente a palabra que queriamos mandar nun papel en código morse. Deste xeito, a persoa emisora ía escribindo os símbolos mirando pola nota e a persoa receptora xa os ía lendo de seguido.

 

A túa clase nun clic

Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

Imaxe
4
Imaxe
cast