O deterxente non fai maxia
Competencias

 

Cando queremos lavar a louza, a roupa ou o noso corpo empregamos xabóns e deterxentes pero, sabes realmente por que, para que e como empregalos correctamente? 

  • Cres que se lava mellor introducindo moito xabón?
  • Como afecta a temperatura da auga?

Nesta experiencia comprenderás o principio do funcionamento dos deterxentes, o que che permitirá saber como usalos correctamente e contribuír a un desenvolvemento sostible do planeta.

Imaxe
M44 Imx01
Imaxe creada en Lexica Art por Carlos López BuenoCoidando a Terra na nosa colada (CC-BY-SA)

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

Mans á obra

 

Paso 1
  • Como funciona un deterxente/xabón? Cal é o seu principio de funcionamento? Realizade unha chuvia de ideas e anotádeas no encerado.
     Paso 2
    • 2. Realiza a montaxe experimental da figura.
    Imaxe
    M44 Imx03
    Carlos López Bueno. Montaxe experimental para a medida da tensión superficial (CC BY-SA)
    • Sumerxe totalmente o anel en auga a temperatura ambiente.
    • Retira o anel con coidado, empregando o soporte elevador para ambos procesos e observando a interface entre a auga e o anel. Que observas? Como varía a forza que mides no dinamómetro?
    Paso 3
    • Agora imos a realizar medidas. Anota o valor que indica o dinamómetro antes de sumerxir o anel no líquido (o peso do anel).
    • Repite o paso 2 anotando o valor máximo que indique o dinamómetro, cando o anel está a piques de se despegar da auga.
    • Realiza tres veces a medida.
    Paso 4
    • Engade una gotiña de xabón líquido e repite a medida.  Cres que a forza que exerce a superficie do líquido (tensión superficial) será maior ou menor?
    Paso 5
    • Cres que se lava mellor introducindo moito xabón? Engade agora un bo chorro de xabón e repite a medida. Cambia moito o valor que obtés?
    Paso 6
    • Como afectará a temperatura da auga? Repite a medida con auga quente (sen xabón).
    Paso 7
    • Calcula a media das tres medidas. Ao final deberás obter unha táboa de datos similar á seguinte :
    Medida Auga fría Auga fría + gota xabón Aula fría + chorro xabón Auga quente
    1        
    2        
    3        
    Media        

     

    Paso 8 
    • Analiza os datos, pensando nas preguntas que nos fomos facendo ao longo da práctica.
    Paso 9
    • Reflexiona: En base aos datos obtidos, como podo contribuír a un desenvolvemento sostible do planeta?
    Paso 10

    Comunica os resultados. Redactade en grupo un pequeno informe sobre o observado e as conclusións obtidas. Recordade empregar unha linguaxe científica. O informe debe ser breve e incluír os seguintes apartados:

    1. Introdución e hipóteses: Cal era o problema? Que hipóteses propuxestes na clase?
    2. Resultados: Recopilade de forma ordenada as diferentes medidas de forza e representádeos nunha gráfica. 
    3. Análise dos resultados: Que observastes? A que é debido?
    4. Conclusións: Que conclusións obtivestestes? Como podedes contribuír ao desenvolvemento sostible do planeta?

      Tips docentes

      Consellos técnicos

       Para poder realizar as medidas, debes reaxustar o cero do dinamómetro. Simplemente desenrosca o parafuso da parte superior e móveo, de xeito que sen colgar nada a marca quede por encima do cero (debes chegar ata o tope).

       Axusta as cordas do anel para medir a tensión superficial de xeito que esté ben nivelado.

      Orientacións e variacións metodolóxicas

      Os seguintes puntos son só consellos e posibles variacións que se poden adaptar mellor ás túas preferencias. Podes realizar todas as modificacións que consideres oportunas.

       A tarefa a realizar está pensada para o final da clase ou para a casa, xa que é posible que non de tempo nunha sesión.

       Se seguimos investigando, medindo diferentes concentraciones de xabón e auga a diferentes temperaturas, poderemos ter un proxecto de feira científica!

       Podes incluir un pequeno xogo/reto de tensión superficial. Reta ao alumnado a que deposite o maior número de gotas de auga na superficie dunha moeda, cunha pipeta. Prepara diferentes mostras, unhas de auga pura e outras cun chisco de xabón, sen que se note. Sen informalos previamente de que teñen xabón, pídelles que traten de buscar unha explicación ao motivo polo que uns son capaces de poñer moitas máis gotas que outros.

       Para a elaboración de informes é recomendable empregar ferramentas de edición de texto compartido. Deste xeito poden rematala na casa se non son quen de rematala na sesión. Poden empregar Google Docs, ou crearlle a cada grupo un documento en Abalarbox.

       É posible variar o número de integrantes do grupo, e incluso realizar a tarefa de xeito individual.

       O alumnado debería obter unha gráfica similar á seguinte:

      Imaxe
      M44 Imx04

       

      A túa clase nun clic

       

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4

       

       

       

      Imaxe
      cast