Onde floto máis na auga do río ou na do mar?
Competencias

 

Contan que no Mar Morto podes deitarte a ler un libro sobre a auga do mar. Cres que o poderiamos facer no mar de Galicia ou no río que pasa polo voso concello? A que pode ser debido que flotemos na auga do mar? Será pola cantidade de auga? será polo sal?

Imaxe
Dead Sea Israel

 

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1
  • Vertemos nos vasos distinta cantidade de auga.
  • Introducimos coidadosamente un ovo en cada vaso e comprobamos que ningún dos dúas frota.

Ovo cru

 

Paso 2
  • Anotamos no caderno de observación que a hipótese de que a flotabilidade do ovo dependía da cantidade de auga, era errónea.
    Paso 3
    • Volvemos a verter agua nos vasos, pero nesta ocasión a mesma cantidade de agua, sobre unos 150 ml en cada un.
    Paso 4
    • Nun dos vasos engadimos tres culleradas de sal e removemos. Deste xeito, nun dos vasos temos auga doce coma a do río e no outro auga salgada coma a do mar.
    Paso 5
    • Introducimos coidadosamente un ovo en cada vaso.
    Paso 6
    • Observamos que o ovo que está na auga con sal flota. Formulamos ideas de por que pasa isto.
     
    Paso 7
    • Comprobamos que auga con sal é máis densa. Anotamos as observacións no caderno.
    Imaxe
    flotación ovo en auga con sal

       

       


       

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

      •   Comprobamos que cando fixemos o experimento é mellor botar pouca auga nos vasos e logo engadir máis, pois senón ao botar o ovo derrámase a auga.
      •   Cando engadimos o sal e o removemos, temos que agardar a que a auga volva a estar clara, pois senón queda atoldada. 
      Imaxe
      auga con sal

      A túa clase nun clic

       Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast