Ágora dixital
Debido a enfermidades ou accidentes moitas persoas perden algunha extremidade e vense na obriga de substituíla coa axuda de implantes, próteses ou outros dispositivos artificiais deseñados grazas á axuda da enxeñería e a robótica.
As mans son unha parte moi importante do noso corpo. Axúdannos nas tarefas da nosa vida diaria (comer, beber, vestirnos, atar os zapatos, lavarnos, escribir, empregar o móbil...).
As articulacións dos dedos e os tendóns facilítannos a función de agarre e os movementos necesarios para todas aquelas tarefas que facemos coas mans.
Simular esta función para crear unha prótese da man non é unha tarefa fácil. Por iso, nesta microsecuencia faremos o modelo dunha man robótica para descubrir o funcionamento das articulacións e valorar a importancia das nosas mans.

Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
- Colocamos catro pallas de forma aliñada e na parte de arriba unímolas con cinta adhesiva. Na parte inferior separámolas un pouquiño entre si para formar a parte principal da man. Xa temos os dedos índice, maior, anular e maimiño da nosa man.
- Na parte dereita colocamos a palliña restante, dobrándoa en forma de L e superpóndoa ás outras catro pallas para facer o dedo polgar. Con cinta adhesiva unímola ás demais.
Imaxe - Paso 2
-
- Para que sexa máis fácil adaptar os dedos á lonxitude requirida e marcar onde van ir as distintas articulacións, podemos colocar as cinco pallas enriba da nosa man esquerda e poñerlle cinta adhesiva de forma provisional.
- Cun rotulador negro imos marcar con pequenas liñas horizontais a altura e tamén as articulacións de cada dedo. Desta maneira todas as pallas deben ter catro liñas marcadas, agás o polgar que terá tres.
Imaxe - Paso 3
-
- O seguinte paso é facer os cortes. Para iso, separamos as pallas da nosa man. Coas tesoiras o primeiro que imos facer é cortar pola primeira liña superior que temos marcada para que todas as pallas teñan a mesma lonxitude que os dedos da nosa propia man.
- Nas marcas restantes, é dicir, onde están as articulacións, temos que facer un corte en forma de rombo. Para iso dobramos a palla pola marca cara á dereita e facemos un pequeno corte en diagonal.
Imaxe - Paso 4
-
- Repetimos a operación para cada un dos dedos.
Imaxe - Paso 5
-
- Agora facemos un corte vertical moi pequeniño na parte superior de cada falanxe.
- Por cada un dos dedos pasamos un fío ao que lle facemos un nó na parte superior e que enganchamos nese mesmo corte. É importante pór un pouco de cinta adhesiva para que o fío non se escape da palla. No extremo inferior da man robótica deixamos cinco ou seis centímetros de fío por cada dedo.
Imaxe - Paso 6
-
- Atamos os cinco anacos de fío facéndolle un nó.
Imaxe - Paso 7
-
- Xa temos a nosa man robótica rematada. Agora é o momento de probar o seu funcionamento. Ao tirar pola parte inferior do fío, as articulacións deberían dobrarse e permitirnos agarrar algún obxecto que non pese moito. Ao soltar o fío as articulacións volven á súa posición inicial.
Imaxe -
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Se o alumnado ten dificultade para marcar as articulacións co rotulador poden colaborar cun compañeiro ou compañeira e facelo en parellas. Un dos membros coloca as cinco pallas na súa man mentres o outro fai as marcas co rotulador.
Como actividade de investigación podemos incorporar un reto final. Podemos poñer distintos materiais nunha mesa (goma, afialapis, papel engurrado...) e que o alumnado teña que collelos empregando as mans elaboradas. Nunha táboa poden recoller as distintas variables e mellores solucións atendendo a factores como peso, material das pallas, tipo de fío, cortes realizados...
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |