Por que usamos sal para evitar esvarar no xeo?
Competencias
Autoría

 

Nesta experiencia exploraremos a beleza da ciencia. A partir dun globo de auga conxelada, aprenderemos sobre a química da auga e os cambios de estado.

Imaxe
xeo
Xeo, PublicDomainPictures en Pixabay  Licenza Pixabay

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

  • Enchemos coidadosamente o globo con auga da billa.
  • Cando o globo alcance os 20 cm de diámetro aproximadamente, retírao da billa, espreme o aire da parte superior e átao facendo un nó.
     Paso 2

     

    • Observa o outro globo de xeo ao que non lle botaches sal. Como ten a súa superficie? Desconxelouse máis ou menos que o globo de xeo con sal?
    Imaxe
    xeo_2
    Imaxe propia. Comparación globos de xeo 
      Paso 3

       

      • Introduce os dous globos no conxelador e déixaos conxelar durante polo menos un día.  Se empregas un conxelador pequeno ou antigo, os globos de 20cm precisarán dunhas 48 horas.
      • Retira os globos do conxelador e colócaos nunha bandexa. Corta o nó e pela os globos do xeo.
      Paso 4

       

      • Observa de preto os globos de xeo pelados na bandexa (globo 1 e globo 2).
      • Podes usar a lupa e tamén unha lanterna (pode ser a do teu móbil). Que é o que ves?

      • Esparexe unha culleriña de sal sobre o globo 1.

      Paso 5

       

      • Espera uns minutos.
      • Observa como se forma auga líquida ao redor do sal, identifica os patróns serpeantes a medida que baixan polo globo.
      • Propón algunha hipótese acerca deste fenómeno.
      Paso 6

       

      • Engade unhas pingas de colorante alimenticio no sal para que os patróns serpeantes se vexan mellor no xeo.
      Imaxe
      Imaxe propia. Globo de xeo con sal e colorante (CCO)
      Imaxe propia. Globo de xeo con sal e colorante
       
      Paso 7

       

      • Observa o outro globo de xeo ao que non lle botaches sal. Como ten a súa superficie? Desconxelouse máis ou menos que o globo de xeo con sal?
      Imaxe
      xeo_2
      Imaxe propia. Comparación globos de xeo
         

        Tips docentes

        Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

         No punto 2 do apartado mans á obra. Propoñemos ao alumnado encher dous globos de xeo e non só un. Isto débese a que toda experiencia científica precisa dunha mostra “branco” que non se verá afectada pola variable a estudar. No noso caso, a adición de sal. Podemos preguntar

        • Por que credes que utilizamos dúas mostras (globos)?
        • Que variables imos ter en conta neste experimento?

         No punto 4 faremos que o alumnado observe con atención. Estamos a potenciar a habilidade de “Observar” e iso require tempo. Imos darllo.

         Ante a pregunta xeral, “que é o que ves?”, podemos ir axudando a guiar a resposta do alumnado, realizando outras preguntas:

        • Que ves na superficie? Prodúcese carazo (unha capa fina de cristais de xeo)?
        • Que ves no interior? Agullas, burbullas?
        • Que cor ten o centro do globo?
          Imaxe
          Xeo_1
          Imaxe propia. Agullas no globo de Xeo

          Permitiremos ao alumnado observar con atención, describir o que está a observar. Seguramente preguntarán por que ocorre o fenómeno. É hora de explicar o que observan. Dar unha explicación previa á observación do fenómeno non permite ao alumnado quedar con todos os conceptos. Pola contra, unha explicación posterior, axúdalles a fixar un concepto tras experimentar co fenómeno “carazo na superficie”.

         No punto 5, tras engadir sal ao globo 1, preguntarémoslle que está a ocorrer, por que se producen patróns serpeantes. O alumnado irá propoñendo as súas hipóteses. Non rexeitarmos ningunha hipótese, por aloucada que sexa. As hipóteses están para ser rebatidas cos resultados.

         Tras engadir o colorante alimentario ao globo 1, podemos comparar o estado deste globo co globo 2. A continuación, lanzamos preguntas como:

        • Atópanse no mesmo estado os dous globos?
        • Cal dos dous se derrete antes?

        Estas preguntas axudarán ao alumnado a valorar os resultados da nosa experiencia e a avaliar se a súa hipótese é correcta ou non. Mesmo podemos propoñer a pregunta do título da experiencia: “Por que usamos sal para evitar esvarar no xeo?”. Así, daremos sentido ao fenómeno exposto, xa que se pode trasladar á experiencia do alumnado fóra da aula.

        Neste vídeo que mostra a evolución do globo de xeo poderás ver as seis horas de experimentación recollidas nun time lapse de 15 segundos.

        A túa clase nun clic

        Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

        Imaxe
        4
        Imaxe
        cast