Que teñen en común o churrasco e os fogos de artificio?
Competencias
Palabras Clave
Estratexias

 

Ademais do seu sabor, o churrasco ten algo máxico e asombroso. Ese fenómeno que acontece cando se lle bota á carne da grella unhas areas de sal e, como por arte de maxia, as lapas cambian de cor e se volven dun amarelo máis intenso.

Terá algo que ver o sal nese cambio de cor? Terá iso algo que ver cos fogos de artificio? Estudemos nesta microsecuencia os efectos dos metais nas cores das chamas.

Imaxe
M36 Imx1

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

 

 

Mans á obra

Paso 1
  • Coloca no recipiente unha cullerada do sal do metal.
  • Engade unha cantidade abundante de metanol.
     Paso 2
    • Préndelle lume co chisqueiro.
    Imaxe
    M36 Imx 2
      Paso 3
      • Repite as veces que queiras con diferentes sales
        • Cloruro de litio
        • Cloruro de estroncio
        •  Ácido bórico
        •  Sulfato de cobre
        •  Cloruro de Bario
        •  Nitrato de plomo
        •  Cloruro de potasio

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

       Como é de supoñer, cómpre ter sempre a man sistemas de extinción de incendios, aínda que é unha actividade moi segura.

       Utilízase metanol en vez de etanol xa que o etanol presenta unha coloración amarela polo carbono.

       As cores tardan un pouco en aparecer xa que os metais teñen que alcanzar certa temperatura para exhibir a cor

       A cor vén dada pola emisión de luz dos electróns. Ao quentar un átomo, os electróns pasan a un nivel enerxético excitado e ao regresar ao estado fundamental, emiten luz. Nesta ligazón pódense ver os espectros de emisión de cada elemento químico e nesta ligazón, as cores dos principais metais.

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast