Vaso medio cheo ou medio baleiro
Competencias

 

Cantas veces teremos oído a pregunta de se vemos o vaso medio cheo ou medio vacío? Pois en realidade o vaso sempre está cheo: de líquido e máis de aire.  A presión atmosférica trata de enchelo todo de aire pero non sempre o consegue, é cando se atopa co que chamamos "o vacío"; cando hai un obstáculo que lle impide entrar. O vacío pode ser moi resistente á presión atmosférica e, ás veces, é sorprendente a súa forza.

Imaxe
M63 Imx1

 Vasobeber, kevberon . Pixabay. Pixabay license

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

  • Colocamos un pano de papel sobre o plato e humedecémolo con auga. 
Imaxe
M63 Imx3

M63 Imx03. Yolanda Neira Gómez. (CC BY-SA) 

     Paso 2

     

    • Poñemos a vela enriba do pano e acendémola.
    Imaxe
    M63 Imx4

    M63 Imx04. Yolanda Neira Gómez. (CC BY-SA) 

      Paso 3
      • Tapamos a vela co vaso de vidro e presionamos un chisco sobre o papel mollado.
      Imaxe
      M63 Imx5

                     M63 Imx05. Yolanda Neira Gómez. (CC BY-SA)

      Paso 4

       

      • Agardamos que se apague a vela pola falta de osíxeno. Estamos extraendo o aire do vaso e creando o vacío.

      Imaxe
      M63 Imx6

      M63 Imx06. Yolanda Neira Gómez. (CC BY-SA)

      Paso 5

       

      • Ahora ao coller o vaso somos quen de levantar o prato sen tocarlle pola forza que exerce o vacío.
      Imaxe
      M63 Imx7
      M63 Imx07. Yolanda Neira Gómez. (CC BY-SA)
                          M63 Vid1. Yolanda Neira Gómez. (CC BY-SA)
      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

      IDEAS:

      - Para introducir o tema levamos á clase distintos alimentos envasados ao vacío: bote de marmelada, chourizo,...

      - Pódese facer cunha fonte de vidro e engadir vasos con auga para ver a forza increible que fai o vacío

      CONSELLOS:

      - Funciona mellor cun prato de vidro que de porcelana, pois ás veces con este último non éramos quen de crear o vacío.

      - Tratar de humedecer o pano pero sen enchoupalo.

       

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast