Espazos
Co obxecto de impulsar a importancia da ciberseguridade e do uso responsable dos dispositivos e as tecnoloxías desde idades temperás, comprácenos presentarvos o obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”. A iniciativa, liderada desde a AMTEGA, pretende achegar a mozos e mozas de 2º, 3º e 4º da ESO e ciclos formativos de grao básico de FP, o fundamental dunha apropiada xestión da súa identidade dixital. Desde unha perspectiva eminentemente práctica, o obradoiro ensinará a configurar as opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis de actualidade entre nenos e nenas. Pretende ser un punto de inflexión no uso seguro das súas redes sociais máis habituais. Non o dubides e inscribe o teu centro!
Nós contamos contigo, e ti contas connosco?
Accede a este enlace para presentar a solicitude: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44336
Para coñecer máis detalle, achégase o cartel de difusión do evento con toda a información, e un enlace ó portal de ciberseguridadegalicia.gal:
Convocatoria do programa educativo 'Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais' (ciberseguridadegalicia.gal)