Navegación segura con Abalinux 11

Xa está dispoñible na seguinte ligazón o arquivo actualizador que instalará a ferramenta Navegación Segura na maqueta libre Abalinux 11:

  APP Navegación segura

Navegación Segura é unha aplicación estable e consolidada que xa está integrada por defecto na versión Abalar 11 (maqueta xestionada) e que tamén se ofrece agora como instalación opcional para a versión Abalinux 11 (maqueta libre).

Un procedemento consolidado de xestión e mantemento que permite manter actualizadas as necesidades de bloqueos ou autorizacións de acceso a sitios específicos de forma periódica.

Funcionalidades básicas:

  • Filtrado de contidos
    Filtrado de contido inapropiado usando Blacklist e Whitelist.
  • Filtrado por categorías
  • Protección no domicilio
    Funciona indistintamente tanto no centro educativo como no domicilio.
  • Filtrado da actividade
    Evita accesos non autorizados a sitios con información sensible.