Con certificado dixital

Con certificado dixital
Identificación con certificado dixital

Se a opción escollida é co certificado dixital, o espazo solicita a identificación da persoa usuaria. No caso de ter instalado máis dun certificado dixital debe seleccionar o que corresponda coa persoa identificada no sistema.

O Certificado dixital FNMT de Persoa Física é a certificación electrónica expedida pola FNMT-RCM que vincula ao seu subscritor cuns datos de verificación de firma e confirma a súa identidade.

Para obter o certificado se se trata dunha persoa física, é imprescindible contar cun ordenador que teña acceso a Internet, acceder á web https://www.ceres.fnmt.es e:

  1. Solicitar o certificado.
  2. Acreditar a identidade mediante personación física nunha oficina de rexistro.
  3. Descargar o certificado dende Internet no seu ordenador.
Imaxe
certificado dixital

Unha vez identificado/a premer en “Continuar” ou “Aceptar” para entrar no servizo.

Imaxe
Certificado dixital