Espazos

1.- Para iniciar o procedemento de pago premer en CiXTEC.

2.- Para garantir o acceso á aplicación da persoa que lle corresponda, o sistema solicita confirmación da identidade que realiza o pago. Parra iso o certificado dixital debe estar instalado no dispositivo. Premer en Continuar.

3.- Unha vez na aplicación de pago, selección o Tipo de pago (Telemático) e o Modo de pago (Tarxeta ou Bizum). Poderanse comprobar os datos identificativos da persoa que realiza o pago e os datos do pago (importe e datos identificativos do proceso). Premer en Continuar para seguir co proceso de pago.

4.- Antes de continuar co proceso vese o apartado Verificación dos datos do pago para comprobar que todo está correcto. Premer en Ingresar para continuar co pago da taxa.

5.- Unha última advertencia para comprobar que o procedemento é o que se quere facer e os datos son correctos. Se é así premer en Aceptar.

6.- A continuación comenza o procedemento habitual de pago que como podemos ver na imaxe temos a opción de pagar con tarxeta ou Bizum por internet. As entidades bancarias teñen os seus propios sistemas de seguridade para a realización dos pagos por internet. Neste caso seguir o procedemento da propia entidade bancaria. En función da elección de pago teremos que introducir o teléfono ou os datos da tarxeta.

7.- Para que o pagamento quede realizado correctamente é importante seguir os pasos ata o final

8.- Os últimos pasos son relativos ás autorizacións do pago

9.- Unha vez rematado o pago telemático non pechar ningunha ventá. De xeito automático a aplicación confirma a realización do pagamento. Premer en Continuar. Como aparece na advertencia da primeira imaxe ao iniciar o pago, ao final do proceso a aplicación fai que se acceda de novo ao espazoAbalar onde se iniciou o procedemento de pago da taxa e podemos descar o xustificante do pago.

8.- No caso de querer dispoñer dun xustificante de pago da taxa premer en CiXTEC, onde se iniciaba o proceso, pero que unha vez rematado fará que se poida dispoñer deste xustificante.