Mensaxería

Mensaxería

Desde o apartado Accións > Mensaxería poderanse enviar mensaxes ás persoas responsables do alumnado.

No caso de acceder por primeira vez a este servizo (nin empregar esta funcionalidade na app abalarPro) non se verá ningunha mensaxe e só se terá accesible a opción Crear Mensaxe. No caso de ter empregado este servizo, poderase acceder á lista de mensaxes creadas e as súas posibles resposta, se se admitiron previamente.

Imaxe
mensaxe

 

Ao acceder ao apartado Crear Mensaxe débese especificar:

  • Tema da mensaxe que queremos enviar (coma o asunto dun correo electrónico).
  • Decidir se se vai admitir ou non resposta.
  • Seleccionamos o Tipo de mensaxe:
  1. Privada: crearase unha mensaxe privada aos responsables do alumnado que se elixa. Poderanse seleccionar un ou varios alumnos/as dun mesmo grupo.
  2. Difusión: enviarase unha mensaxe a todo o alumnado dun ou varios grupos. Ollo, se se admiten as respostas, estas só lle chegarán ao docente, pero se o docente volve a contestar, chegaralle novamente a todos os responsables.
  3. Sala: enviarase unha mensaxe a un ou varios grupos, todas as respostas serán vistas por tódolos compoñentes da sala, é o máis parecido a un chat de grupo.

No caso de elixir mensaxe privada para alumnado de ciclos, tamén haberá a opción de marcar a notificación  ou o apercebemento tanto da perda do dereito á avalición continua, coma da baixa de oficio.

Imaxe
aprecibimento