Nova funcionalidade na app do profesorado abalarPro: Inserción de faltas

A aplicación móbil abalarPro, dispoñible para o profesorado galego dos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, dispón dunha nova funcionalidade: a inserción de faltas.

Ao acceder desde o menú a este novo servizo, amósase un calendario no que o profesorado pode moverse e, ao seleccionar un día, aparece o horario do grupo nese día. Cando se preme nunha das clases (grupo/materia/hora), móstrase a pantalla para a carga de faltas. Desta forma, unha vez insertada a falta ao alumnado e despois de gardar, as faltas xa quedan rexistradas directamente en XADE.

Ademais, se o profesorado accede á app abalarPro durante o seu horario de clase, a aplicación detéctao e automaticamente aparece unha mensaxe para ir á inserción de faltas. No caso de aceptar, xa se accede á pantalla para a carga de faltas. No caso contario, pódese continuar navegando pola app. Esta mensaxe só sairá unha vez por cada xornada de clase do/a docente.

Esta funcionalidade únese así aos servizos xa existentes na app abalarMóbil da mensaxería, das citas de titoría e das xustificacións das faltas por parte das familias.

A descarga desta aplicación faise dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android) e desde Apple store (se o sistema operativo é IOS).

A través do portal espazoAbalar, www.edu.xunta.gal/abalar, tamén se pode acceder a esta nova funcionalidade cun comportamento similar.

Toda a información relacionada cas aplicacións abalarPro e abalarMóbil, espazoAbalar e outros servizos dixitais educativos, pode atoparse na Aula Abalar Aberta.