Cal destes alimentos non contén amidón?
Competencias
Estratexias

 

Que é o que fai que un alimento sexa de calidade ou non? Hai moitos parámetros que podemos avaliar para determinar se un alimento é mellor ca outro, coma o sabor, a procedencia, a composición... pero neste caso ímonos centrar unicamente nun deles, a presencia de amidón. O amidón é un carbohidrato que se atopa en moitos alimentos e é a substancia que utilizan as plantas para almacenar o seu alimento. Porén, este non debería atoparse en produtos cárnicos como salchichas ou friame. O amidón é obtido principalmente da pataca e engádese a alimentos cárnicos para abaratar custos, diminuíndo a calidade destes. Vexamos nesta microsecuencia como detectar se un alimento é de calidade ou non mediante a presenza ou ausencia de amidón.

Imaxe
M18 3.1
Congerdesign. Embutidos (CC BY-SA)

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

 

Mans á obra

Paso 1
  • Cortar unha pequena cantidade do alimento a analizar.
  • Diluír con auga a povidona iodada, aproximadamente a mesma cantidade de auga que de povidona iodada nun vaso limpo, que utilizaremos como disolución reveladora.
     Paso 2
    • Colocar o alimento nunha superficie plana.
    • Engadir cunha pipeta Pasteur ou coa culler unhas pingas da disolución reveladora.
    • En caso de que o alimento teña amidón, a disolución cambiará de marrón a azul escuro.
    Imaxe
    M18 imx2
      Paso 3
      • Elabora unha táboa como a que segue

       

      Táboa de recollida de datos
      Experiencia

      Alimento

      Cor tras o revelado Debería ter amidón? Ten amidón?
      1        
      2        
      3        

       


       

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

        Para que saia do mellor xeito posible, convén empregar alimentos de mala calidade, xa que teñen moito amidón. Canto máis baratas sexan as salchichas, o xamón cocido e demais, máis amidón terán.

        A povidona iodada pódese atopar en calquera farmacia ou supermercado.  

        Pódese facer unha demostración na aula botando a povidona nun pouco de pan, verase rapidamente o cambio de cor. Por outro lado, se se mastiga antes o pan e se bota nun papel e posteriormente se lle bota a povidona, non se verá cambio de cor, xa que a saliva desfará o amidón. A saliva contén unha enzima que rompe o amidón e o transforma en monosacáridos ou disacáridos de glucosa. Polo tanto, ao non existir amidón, a povidona non modifica a súa cor.  

        Non é malo como tal que un alimento conteña amidón. Con todo, se compramos unha salchicha ou calquera derivado cárnico, esperamos inxerir elevadas cantidades de proteína, non de carbohidratos.

        É recomendable protexer a roupa xa que a povidona iodada mancha moito.

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast