Ágora dixital
O grupo de clase foi seleccionado para realizar unha perigosa investigación sobre a problemática do coltan.
O coltan é unha roca que contén minerais fundamentais na fabricación de smartphones, tablets e computadores portátiles. A súa gran capacidade para conducir electricidade e a alta resistencia á corrosión química convérteo nunha peza clave para a microelectrónica, as telecomunicacións ou a industria aeroespacial e biomédica. Debido á súa escaseza e á súa cor escura, coñéceselle tamén como o "ouro negro". O 80% da súa produción extráese en minas de certo país africano onde, desde 1994, morreron máis de 5 millóns de persoas por diferentes causas relacionadas coa extracción e distribución do coltan e doutros recursos como ouro, diamantes, cobre, etc.
Algunhas das consecuencias máis impactantes da situación:
- Os nenos e as nenas vense obrigados a traballar nas minas e non poden ir á escola.
- Os desprendementos de terra provocan a morte de nenos, nenas e adolescentes. Cada quilo de coltan que se extrae tradúcese na perda de dúas vidas na infancia.
- A falta de auga limpa e alimento, e xornadas de traballo esgotadoras provocan múltiples enfermidades e mortes.
- Diferentes grupos armados ostentan o control das minas. Sucédense continuos conflitos entre guerrillas polo control do territorio.
- Asasinatos en masa, violacións e desprazamento de persoas refuxiadas.
- Consecuencias ecolóxicas: perigo de extinción dalgúns animais como o gorila da montaña; os bosques e os campos de cultivo transformados en lameiras.
- Intereses económicos a nivel mundial perpetúan o problema, coa complicidade de países desenvolvidos.
Un grupo armado, sospeitando que sodes espías, retívovos nese país. O grupo secuestrador decidiu liberar a quen consiga resolver 6 enigmas. Só vos poderán salvar a vosa astucia e os vosos profundos coñecementos matemáticos sobre funcións.
Que comece a fuxida!
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- ENIGMA Nº 1
-
O coltan é bastante escaso na natureza. Moi poucos países do mundo contan con minas deste mineral. Debido á súa escaseza e relevancia na industria da electrónica, o coltan é fonte de conflito nalgúns deses países. En Galicia atópase a única fonte de coltan do sur de Europa.
No mapa de minas de Galicia, localiza esa mina de coltan, sabendo que as súas coordenadas xeográficas (lonxitude, latitude) coinciden respectivamente coa pendente e a ordenada na orixe desta recta:
- ENIGMA Nº 2
-
No país de África onde vos reteñen, atópase a maior fonte de coltan do mundo.
- A latitude é o valor da función cando x= -11
- A lonxitude é o valor da función cando x= -1
- ENIGMA Nº 3
-
ImaxeImaxe
Integrated circuits T137, CC BY-SA 3.0, via Wikimedia Commons (esquerda)
Venezuela´s Sheyene Gerardi $700 Million. Gold, Copper, Diamond, Coltan, Iron, Cerium, Lanthanum, Neodymium, Thorium, Uranium Public Domain Content via ImageSnippets (dereita)
O coltan é unha roca composta, principalmente, polos minerais columbita e tantalita. De aí o seu nome col-tan.
O interese da explotación do coltan baséase fundamentalmente en que contén un metal moi escaso no mundo, pero que na actualidade é un dos máis importantes para a industria electrónica. Pola súa alta capacidade de condución, o seu baixo peso e a súa enorme resistencia á calor, é un elemento clave para a fabricación de compoñentes microelectrónicos, como chips ou placas de memoria.
Pescuda o metal do que se trata, sabendo que na táboa periódica o seu número atómico ten dúas cifras, que poderás obter se xuntas as coordenadas x e y do vértice da parábola:
y = x2 – 14x +52
- ENIGMA Nº 4
-
Ao leste da República Democrática do Congo, está situada a rexión de Kivu, onde se atopan as principais vetas de coltan do mundo. Aquí prodúcense continuas pelexas entre o exército congolés e as guerrillas congolesas e estranxeiras. Os gobernos occidentais e asiáticos aprovéitanse da situación, financiando diversos grupos armados para poder controlar o mercado deste mineral.
Un mozo da etnia hutu lanzou un proxectil desde a rexión de Kivu, describindo un movemento parabólico que tiña como ecuación:
y = x2 + 9x
Para conseguir a seguinte clave, atopa un código segredo de 4 díxitos, de forma que:
- Os dous primeiros formaraos o discriminante da devandita ecuación.
- Os dous últimos coinciden co número de puntos de corte da devandita parábola co eixo x (se iste é un número dunha cifra, debes completalo escribindo un 0 diante)
- ENIGMA Nº 5
-
Neste mapa de rutas do tráfico do coltán atoparás o ranking de países onde se achan as reservas mundiais deste mineral.
ImaxeImaxeSheyene Gerardi, Venezuela - Net Worth- $700 Million Net Worth Magazine, PDM-owner, via Wikimedia Commons (esquerda)
A piece of columbite–tantalite, size 6.0 × 2.5 × 2.1 cm, Rob Lavinsky, iRocks.com – CC BY-SA 3.0, via Wikimedia Commons (dereita) - ENIGMA Nº 6
-
Nas minas de coltan da República Democrática do Congo traballan, en condicións de escravitude, persoas prisioneiras, desprazadas de guerra e campesiñado novo que deixa os seus campos. Pero, o máis impactante, é que fan traballar a nenos e nenas, xa que poden penetrarse máis facilmente nas minas debido ao seu pequeno tamaño. Traballan a 200 metros de profundidade para sacar 15 sacos de coltan diarios, polos que reciben dous dólares a final de mes.
Necesitades localizar tres persoas que traballan nas minas xa que vos van a axudar a saír do país. Debedes atopalas entre a multitude da seguinte imaxe, nunha zona de minas de Kivu. Para que esas persoas non sexan descubertas por soldados, un contacto envíavos un plano con coordenadas da zona e as posicións dos vosos obxectivos nas minas, encriptadas a través da seguinte mensaxe:
- O mineiro A atópase no punto de corte das rectas f e g
- A mineira B atópase no punto de corte das rectas h e i
- O mineiro C atópase no punto de corte das rectas j e k
Sendo as ecuacións das rectas:
- A FUGA
-
UN PLAN DE FUGA... E MOTIVOS PARA A ESPERANZA
Chegado a este punto, xa estás a un paso da liberdade. Parabéns!
Por cada proba acertada, recibiches unha clave. Ordena as 6 claves para formar o password que che permitirá saír do cativerio.
En canto ao problema do coltan na República Democrática do Congo, non todo está perdido. Moitos medios de comunicación e organizacións non gobernamentais levan varios anos denunciando a terrible crise humanitaria, económica, social e política dese país. Moitas compañías occidentais e asiáticas, que se benefician da extracción do mineral centroafricano, foron sinaladas directamente e algunhas delas comezaron a comprar o mineral directamente aos mineiros e mineiras, para non favorecer a extorsión que levan a cabo intermediarios. Outras se comprometeron a rastrexar a procedencia dos minerais, aínda que recoñecen que non é fácil seguir a trazabilidade desde a orixe. O problema resolverase soamente cando todas elas se involucren de forma plena para garantir que a orixe destas materias primas é lícita, e que se extraen sen que ningún dos elos da cadea de produción sexa sometido a un trato degradante e inhumano.
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Modalidades do escape room:
· Modalidade 1: As probas realízanse unha a unha de forma ordenada, da 1 á 6, requeríndose a solución correcta de cada proba para poder pasar á seguinte.
· Modalidade 2: Entrega simultánea das probas, para que os estudantes xestionen a orde de realización das mesmas.
Organización do escape room:
- Descargar o documento "Materiais para o escape room", que se achegan con esta microsecuencia. Dependendo da modalidade escollida para a súa realización:
- Modalidade 1: As 6 probas deberanse entregar, aos participantes impresas en papel e dunha nunha. Para recibir a seguinte proba, deberán entregar a anterior coa resposta escrita correctamente.
- Modalidade 2: Cada participante recibirá en papel a "Folla de respostas". Ademais, mostraránselles as 6 probas de forma simultánea, xa sexa en papel ou en formato dixital, a través da aula virtual.
- En ambas as modalidades, o docente recortará as letras da palabra COLTÁN e asignará aleatoriamente unha letra a cada unha das probas, de forma que por cada resposta correcta, os participantes recibirán a letra correspondente, a modo de clave.
- Gañan aqueles estudantes que conseguiron as 6 claves, que ordenadas, formarán o password (COLTAN) para saír do xogo.
- Pódese introducir un ranking por tempos, para darlle ao escape room un carácter de competición.
A continuación, móstrase un exemplo dunha experiencia real, levada a cabo por estudantes de 3º de ESO nunha celebración da semana da ciencia:
COLTÁN ESCAPE PARA OS MONITORES:
REGLAS DO XOGO:
|
ontes de documentación, para tratar o tema con máis profundidade:
· https://www.youtube.com/watch?v=ofZQ4ZRy-1I
· https://as.com/diarioas/2021/08/25/actualidad/1629916517_062741.html
· https://www.washingtonpost.com/news/theworldpost/wp/2018/04/19/conflict-free/
· https://elpais.com/elpais/2020/02/18/ciencia/1582044756_668461.html
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|