Ágora dixital
Unha ilusión óptica é unha imaxe que según o noso sentido da vista, os nosos ollos, parece unha cousa pero que según o noso cerebro, é outra distinta. Deste xeito na imaxe que temos nesta páxina vemos unha escaleira de caracol pero o noso cerebro ben podía ver un ollo humán, ou viceversa.
Hoxe en día empréganse cada vez máis os "hologramas", imaxes tridimensionais creadas con luz que vemos cos ollos e que o noso cerebro interpreta que están presentes, pero en realidade son ilusións ópticas.
Spiral Staircase, Stokpic . Pixabay. Pixabay license
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
-
Recortamos as pezas necesarias para construir o noso "hologramaker": un cadrado 17cm x 17cm para a base, un rectángulo de 17 cm x 10cm para o teito, outro rectángulo 17 cm x 9 cm para a parte traseira e outros dous rectángulos de 17cm x 7cm para os laterais. Nestes últimos recortaremos un triángulo con un ángulo 45 º nun dos extremos do rectángulo. Como resultado final teremos as pezas que vemos na imaxe.
Imaxe -
- Paso 2
-
- Pegaremos as pezas empregando a pistola de silicona como se ve nas imaxes.
Imaxe - Paso 3
-
- Recortaremos un rectángulo de 17cm x 11 cm no acetato e pegarémolo na nosa figura como se ve na imaxe.
Imaxe - Paso 4
-
- Remataremos de pegar coa pistola de silicona o resto das pezas e xa temos listo o noso "hologramaker".
Imaxe - Paso 5
-
-
Imos a probalo. Buscamos na rede, en Youtube, vídeos co título "Holograma 3D", poñemos o noso dispositivo móbil en pantalla completa e colocámolo na base feita encima do acetato e xa podemos disfrutar dunha realidade ilusionante.
-
- Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
IDEAS PREVIAS
A modo de introducción das ilusións ópticas traballamos :
1. Pintores que empregaron as ilusións coma Escher, Dalí ou Arcimboldo.
2. Fixemos unhas manualidades chamadas "paper illusions" que son imaxes que parecen que nos seguen coa vista. Nestas imaxes dóbranse as pezas de xeito cóncavo pero cando o noso cerebro procesa o que vemos, converte as imaxes en 3D.
Vídeo de elaboración do papercraft
CONSELLOS
Cando puxemos a proba o noso "hologramaker" vimos que canto máis escuro mellor se vía. Algún grupo de alumnos/as decidiu forrar o poliespán con cartulina negra e conseguiron mellores resultados.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|