Ágora dixital
O persoal de cociña do colexio cambiou o luns a sobremesa do xantar. O arroz que coceran para o arroz con leite púxose de “cor verde” porque esqueceron gardalo na neveira. Nós, os nenos e as nenas, tiñamos a sospeita de que, en realidade, querían que comésemos froita porque... como se vai poñer o arroz de cor verdosa? Decidimos facer na clase o experimento para comprobar a veracidade tanto do que nos dixo o persoal de cociña, como das fotos que vimos polas redes. Queríamos saber se realmente se pon desa cor o arroz, e en caso de que así for, pescudar o porqué.
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
- Vertemos no cazo a auga e poñémolo ao lume. Levamos a auga a ebulición.
- Paso 2
-
- Cando ferva a auga introducimos o arroz, remexemos e deixámolo cocer uns 15 minutos. ( O paso 1 e 2 poderiamos saltalos se empregamos arroz cocido previamente).
Imaxe - Paso 3
-
- Distribuímos o arroz nos dous recipientes de plástico e pechámolos coa tapa. Deixamos un deles a temperatura ambiente nun dos andeis da clase e pedimos na cociña que nos metan o outro recipiente na neveira.
- Paso 4
-
- Toca agardar e ir observando cada dous días que sucede tanto co arroz da clase coma co da neveira.
Imaxe
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Comprobamos que temos que deixar arrefriar un pouco o arroz antes de metelo na neveira ou no recipiente, pois, do contrario, énchese de auga.
A observación é mellor facela cada dous ou tres días xa que diariamente non se ve a evolución do mofo.
Anotamos os cambios que se van produción no arroz ao longo dos días: fixándonos na cor, na temperatura da clase e da neveira, e na humidade do recipiente.
Formulamos hipóteses de por que saen eses mofos no arroz: é humidade como a que sae nas paredes? son mofos como lle pasa ao queixo? o mofo crece mellor con temperatura máis alta e con humidade no recipiente? o mofo “come” o arroz?,...
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|