Ágora dixital
Sodes un equipo de guías de turismo. Desde a vosa axencia de viaxes, propoñen un problema de loxística. A empresa quere ofertar unha ruta para conmemorar a figura de Marco Polo. A oferta inclúe a chegada en avioneta a catro das cidades asiáticas que el visitara no seu tempo. Nalgún momento vanvos achegar un mapa coa ruta das viaxes do insigne mercador, cos catro puntos de destino da avioneta sinalados no mesmo.
A empresa quere abaratar os custos de combustible ao mínimo, e pídevos que lle facilitedes o trazado da ruta aérea máis curta que comunique as catro cidades. Tedes tan só 50 minutos para atopar a solución en equipos de catro guías. Quen antes o logre, terá a oportunidade de asistir á viaxe de inauguración da ruta.
Ao longo desta microsecuencia, iredes atopando pistas que vos levarán ao resultado do problema. Tede en conta que o tempo xoga na vosa contra!
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
- Investiga: Que teñen en común os panais de abellas e as pompas de xabón?
Comezaremos a microsecuencia completando a ficha de traballo (tarefa individual)
-
Con axuda dos instrumentos de debuxo, realiza as actividades 1 e 2 (Redes que unen varios puntos).
- Investiga: Que teñen en común os panais de abellas e as pompas de xabón?
- Paso 2
-
- Fase de construción
Formade dúas parellas no grupo, e repartide as tarefas 2A e 2B, para realizar simultaneamente.
- Construción dunha estrutura para resolver o problema (Tarefa grupal colaborativa)
- Introducide o mapa na funda plástica, para evitar que se deteriore coa auga.
- Co rotulador permanente, colocando unha das caixas de CD sobre o mapa, marcade os catro puntos na mesma posición na que están no mapa.
- Colocando a segunda caixa sobre a que ten os puntos marcados, marcade nela os mesmos puntos. As dúas caixas deben estar perfectamente axustadas.
- Coa pistola de silicona, ide pegando os catro anacos de madeira, un a un, facendo coincidir cada un deles cun punto dos que están marcados nunha caixa de CD. Debedes telos suxeitos, para que manteñan a verticalidade, ata que a silicona se solidifique.
- Pola cara inversa da segunda caixa, poñede catro puntos de silicona sobre os puntos marcados con rotulador. Antes de que solidifiquen, dádelle a volta, para colocar a continuación estes sobre os paus que xa estaban pegados na primeira caixa. Deberán coincidir perfectamente.
- Xa temos a estrutura coa que imos resolver o problema.
- Preparación da mestura xabonosa (Tarefa grupal colaborativa)
No recipiente destinado para a mestura, iranse agregando auga, xabón e glicerina. Para medir a auga e o xabón usaredes un vaso de medida, mesturándoos nas proporcións indicadas na táboa:
Imaxe - Paso 3
-
- Burbullas vs navegadores (Tarefa grupal)
- Os catro membros do equipo, facede unha posta en común contrastando os vosos resultados das actividades 1 e 2 da ficha de traballo. Comparade os trazados que fixestes individualmente e as súas lonxitudes. Alguén conseguiu unha rede de menor lonxitude?
- Chegamos á fase final e máis esperada: Debedes somerxer a estrutura no recipiente coa mestura xabonosa. Unha vez extraído e escorrida a auga sobrante, as burbullas iranse recolocando para minimizar a superficie das mesmas. O resultado final debería ser similar ao que se ve na imaxe:
Cun transportador medide os ángulos interiores entre segmentos. Observaredes que a cada punto de intersección chegan exactamente tres segmentos e que os ángulos entre cada dous miden 120º. Trátase polo tanto de anacos de hexágonos formando unha rede. Segundo a información recollida nas actividades da ficha de traballo, nestas condicións, esta será a rede de menor lonxitude que une os catro puntos. Polo tanto, se finalmente colocades a estrutura coas burbullas sobre o mapa, teredes resolto o problema proposto pola axencia de viaxes.
Será o voso equipo de guías de turismo o afortunado que conseguirá a viaxe en avioneta ás catro cidades da ruta de Marco Polo?
- Burbullas vs navegadores (Tarefa grupal)
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Esta práctica está pensada para calquera nivel da ESO (En 1º da ESO trabállanse “As formas xeométricas na arte e na contorna” e, nos demais niveis, “Movementos e transformacións”
En 1º da ESO convén traballar os polígonos en sesións previas, para que o alumnado estea familiarizado con algunhas propiedades do hexágono (ángulos interiores).
En 2º, 3º ou 4º da ESO pódese empregar como actividade de introdución ao tema de "Movementos e transformacións". (No que se traballan os conceptos de frisos e mosaicos).
A microsecuencia contén tarefas colaborativas, algunhas simultáneas, para realizar en grupos de 4 estudantes.
Pódense construír outras estruturas con 3, 5 ou máis puntos, para comprobar que as conclusións son as mesmas para calquera colección de puntos.
Esta microsecuencia pódese aproveitar para facer algunha actividade interdisciplinar con materias como Física e Química, Xeografía e Historia, ou Lingua e Literatura.
É suficiente un bote de glicerina líquida para toda unha clase. Inicialmente, cada grupo porá na mestura 1 ou 2 culleres, ás que se poderán ir agregando máis se as burbullas non se forman ou se rompen rápido.
A sesión pódese realizar nunha aula, pero é aconsellable facela nun laboratorio ou incluso no exterior, para evitar molladuras coa auga e as pompas de xabón.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|