Aplicacións preinstaladas

Aplicacións preinstaladas

 

O panel interactivo proporciónase cunha serie de aplicacións instaladas por defecto que convén non eliminar:

  • PIP/Cambiar a: permite visualizar/mudar a fonte de entrada do panel.
  • Navegador/Buscador: navegador web.
  • BytelloClass: software incluído coa mostra para crear leccións e interactuar co alumnado.
  • BytelloDMS/Synetech DMS: software de xestión centralizada do panel.
  • Axustes/Configuración: permite acceder a todos os axustes do dispositivo.
  • Encerado/Pizarra: aplicación que simula unha pizarra no panel.
  • GetStore: software de instalación de Google Play Store.
  • Optimizar: ferramenta de mellora do rendemento do dispositivo.
  • Paleta: software de debuxo no panel
  • Explorador: xestor de ficheiros do dispositivo.
  • ScreenShare: software que permite a duplicación sen fíos desde outros dispositivos
  • Unidade Cloud: permite o almacenamento na nube previa configuración. 
  • Visor: aplicación que permite lanzar a webcam con diversas opcións de configuración. Permite tomar fotografías, que se almacenarán na ruta /VideoPresenter/photograph/ (crearase un cartafol de xeito automático co nome da data na que foi tomada a imaxe).
  • WPS Office: software de creación e edición de documentos ofimáticos.
  • Play Store: permite a instalación de aplicacións (apps Android) desde a tenda oficial de Google.

 

Imaxe
Icon

 

Imaxe
Icon

 

Imaxe
icono-recordar

Debes ter en conta que ...

Ao tratarse o panel dun dispositivo compartido nunha aula, debemos ser moi coidadosos coa información que se almacena no mesmo. En caso de empregar a unidade Cloud, non deixar nunca a sesión aberta nin o contrasinal memorizado.

Podes ampliar a información sobre o sistema operativo do panel e as aplicacións instaladas no Manual do software do panel interactivo (fabricante)