A barra do sistema

A barra do sistema

 

Como xa se indicou con anterioridade, nos laterais (e opcionalmente na parte inferior) de calquera pantalla do panel interactivo amósanse unhas iconas idénticas expandibles e colapsables que dan acceso á barra do sistema, que inclúe as opcións de xestión e configuración do sistema operativo Android do panel.

  • O acceso á barra do sistema na parte inferior do panel pode configurarse na ruta: Configuración > Persoal > Cambiar as opcións no fondo (Barra lateral inferior)
Imaxe
Icon

 

Ditas opcións aparecen agrupadas en 3 niveis orientados á xestión e administración de tarefas, xestión e administración de aplicacións e acceso ás denominadas ferramentas pequenas (utilidades que poden resultar de interese para o seu emprego nunha aula).

Imaxe
Icon

 

Barra de sistema: Xestión e administración de tarefas

Imaxe
Icon
Atrás (Volver): Permite retroceder á última interface operativa
Imaxe
Icon
Inicio (Casa): Minimiza todas as aplicacións abertas e leva á pantalla de inicio do panel
Imaxe
Icon
Entre bastidores (Backstage): Administrador de tarefas que amosa as aplicacións abertas, permitindo a súa selección ou peche.

 

Barra de sistema: Xestión e administración de aplicacións

    Imaxe
    Icon
    Encerado (Pizarra): Software de pizarra dixital.
    Imaxe
    Icon
    Explorador(Buscador): Xestor de ficheiros.
    Imaxe
    Icon
    Navegador (Buscador): Navegador web.
    Imaxe
    Icon
    Todas as aplicacións: Amosa todas as aplicacións instaladas no sistema.
    Imaxe
    Icon
    Axustes (Configuración): Axustes de configuración do sistema operativo.

     

    É posible personalizar a barra de xestión e administración de aplicacións seleccionando aquelas de uso máis común, simplemente despregando a icona de todas as aplicacións e arrastrando a nova aplicación á zona desexada.

    Imaxe
    Icon

     

    Barra de sistema: Ferramentas (utilidades)

    Imaxe
    Icon

     

    Imaxe
    Icon
    Menú Amosa todas as fontes de entrada (Android, OPS, HDMI, VGA...) así como axustes de audio (volume), e visualización de pantalla (brillo).
    Imaxe
    Icon
    MarcarPermite debuxar directamente na pantalla, tomar notas sobre o contido visualizado e incluso compartir o contido coas anotacións mediante un código QR.
    Imaxe
    Icon
    Temporizador Conta cara atrás (descendente) dun intervalo de tempo especificado.
    Imaxe
    Icon
    Máis (Mais):  Amosa todas as ferramentas incluídas no panel.
    Imaxe
    Icon
    Recortar (Captura):  Permite realizar capturas de pantalla con opción de selección en modo libre, pantalla completa ou dunha determinada ventá. Ofrece e posibilidade de almacenamento directo ou inserción no software de encerado para a súa edición. No caso de almacenamento a imaxe gárdase nun cartafol coa data da imaxe tomada na ruta: /Notes/Mark
    Imaxe
    Icon
    Cronómetro: Conta desde cero (ascendente) para medir o tempo transcorrido
    Imaxe
    Icon
    AirClass (Vía aérea): Permite que o profesorado invite ao alumnado a unirse a unha dirección web con diversas posibilidades de votación, enquisa, selección, mensaxería e outras actividades. É importante suliñar que en ningún caso é preciso introducir información de carácter persoal que poda infrinxir a Lei de Protección de Datos

     

    Imaxe
    Icon

     

    Imaxe
    Icon
    Destacar: Permite centrar o foco de atención en zonas concretas da pantalla, coa opción de axustar a opacidade.
    Imaxe
    Icon
    Conxelar (Xear): Permite conxelar a imaxe actual con posibilidade de zoom. Pode resultar interesante no momento de introducir contrasinais.
    Imaxe
    Icon
    PIP: Permite visualizar simultaneamente máis dunha fonte de entrada na pantalla do panel. A modo de exemplo, a seguinte imaxe amosa o OPS acendido mentres se navega co buscador do Android.
    Imaxe
    Icon
    Pantalla dividida: permite amosar dúas aplicacións distintas no modo pantalla dividida.
    Imaxe
    Icon
    Bloqueo de  pantalla: Permite o bloqueo da pantalla e o seu desbloqueo mediante a introdución dun contrasinal configurado en Axustes.

     

    É posible configurar a barra de ferramentas (utilidades) seleccionando aquelas de uso máis común, personalizando un máximo de 4 utilidades máis a icona Máis que da acceso ao resto.

    • Na barra de ferramentas pequenas -> Facer click en "More"
    • Manter pulsada a icona e esperar a que apareza un signo "-" para eliminar a ferramenta
    • Engadir a nova ferramenta co signo "+"
    Imaxe
    Icon

     

     

    Imaxe
    icono-recordar

    Debes ter en conta que ...

     

    As utilidades incluídas na barra de ferramentas están dispoñibles para todas as fontes de entrada do panel, non só para Android: OPS, HDMI...

    A medida que se actualizan os paneis é posible que vaian aparecendo novas ferramentas dispoñibles. Ademais, dependendo da configuración do panel é posible que aparezan novas ferramentas ou desaparezan algunhas (por exemplo, se está configurado o modo multifiestra).