Espazos
Outras utilidades do encerado

O panel interactivo incorpora un intuitivo software de encerado coas seguintes características:
- Excelente resposta na función interactiva, o que asemella a escritura no panel de xeito moi significativo á escritura convencional.
- Posibilidade de escritura cos dispositivos sinaladores subministrados ou directamente co dedo (pódese empregar calquera outro elemento para escribir no panel).
- Posibilidade de configuración de 2 modos de escritura, en función do grosor da punta empregada, con posibilidade de personalización de cores e tipo de punta. En xeral, a escritura co dedo detectarase como lapis de punta grosa.

- Recoñecemento de xestos multitáctiles.
- Posibilidade de escritura ata 20 puntos táctiles en función do sistema operativo.
- Pode empregarse o puño para o borrado. É posible configurar o grosor do borrador:

- Posibilidade de borrado mediante selección de trazos.
- Posibilidade de empregar ferramentas de debuxo (Gobernante).

Posibilidade de empregar diferentes fondos con cores personalizadas desde a opción Menú.

- Posibilidade de empregar figuras xeométricas 2D e 3D.
- Recoñecemento de figuras debuxadas a man alzada mediante a icona


- Ferramentas de creación de mapas mentais e outros elementos con posibilidade de escritura intelixente, de xeito que o panel é capaz de recoñecer a escritura a man alzada como obxecto vectorial. Os pasos serían os seguintes:
- Escritura a man alzada do texto.
- Selección coa icona do cursor do perímetro do escrito
- Premer en SmartWrite.


Posibilidade de traballar con táboas.

Posibilidade de incorporar notas adhesivas.

Incorporación da funcionalidade de rotafolios dixital con posibilidade de almacenamento en diversos formatos: Imaxe, PDF, SVG, IWB.

Imaxe
![]() |
Debes ter en conta que ... A interacción táctil co panel non se produce polo contacto físico entre o dedo ou dispositivo sinalador coa pantalla senón pola detección dos sensores dos marcos de infravermellos horizontais e verticais que incorpora o panel, polo que resulta conveniente que ditos marcos (en especial o inferior) non acumulen po ou sucidade. |