Espazos
Unha vez que o sistema identifica á persoa usuaria accédese á pantalla principal de xestión e mostra os datos do alumnado ao que a persoa identificada pode acceder, que pode ser un/unha ou varios/as alumnos/as. Na pantalla de exemplo que se mostra a continuación o usuario identificado pode acceder aos datos de dous alumnos.

Ao premer en “Ver alumno” accédese á información dispoñible sobre ese alumno/a en concreto e á xestión dos servizos complementarios.

Na primeira pantalla titulada "Información" poderemos acceder aos seguintes datos:
- Datos académicos
- Curso actual
- Escolarización
- Datos familiares
- Servizos complementarios
- Faltas de conduta
- Centro
- Calendario académico

Independentemente do tipo de información que estamos visualizando, en calquera momento podemos volver a acceder a aos apartados de información dispoñible pulsando sobre a solapa "Nome do alumno/a".
