Espazos
A continuación móstranse os tipos de datos, a información e as pantallas ás que se pode acceder.
Datos académicos
Neste apartado poderase consultar a seguinte información:
- Curso: Nivel educativos no que está matriculado o/a alumno/a.
- Cualificacións: Resultados académicos en cada unha das avaliacións.
- Asistencia e puntualidade: Faltas de asistencia e/ou puntualidade e o estado das mesmas.

Curso actual
Neste apartado poderase consultar a seguinte información:
- Grupo e titoría: Poderase ver o curso, grupo e a persoa titora do grupo.
- Horario: Poderase acceder ao horario do grupo.
- Materias: Poderanse consultar as materias e o profesorado asignado a cada unha.

Escolarización
Neste apartado poderase consultar a seguinte información:
- Poderase ver o expediente académico e os centros nos que estivo matriculado/a o/a alumno/a.
- Ao premer en Ver detalle poderase ver o expediente académico do curso seleccionado.

Datos familiares
Neste apartado poderase consultar a seguinte información:
- Datos do alumno: acceso aos datos principiais do alumnado.
- Datos de contacto: figuran os datos de contacto familiares.
- Datos dos familiares: figuran os nomes dos responsables do alumnado no caso de ser menor de idade.

Servizos complementarios
Neste apartado poderase consultar a seguinte información:
- Transporte: No caso de que o/a alumno/a sexa usuario/a do transporte escolar poderase ver a ruta e a parada que emprega.
- Comedor: Poderase consultar a información de xestión do comedor escolar no caso de que sexa xestionado desde a Xunta.
Consulte a sección PAGO TELEMÁTICO neste mesmo portal, para ver o procedemento da xestión do pago do comedor escolar..

Faltas de conduta
Neste apartado poderanse ver as faltas de conduta comunicadas para o alumnado. No caso de non haber faltas aparecerá esta mensaxe.


Calendario académico
Neste apartado poderanse consultar Calendario académico. Poderanse ver os días lectivos e non lectivos a nivel autonómico e de centro e descargar unha versión do calendario en formato pdf.
