Aviso legal

Aviso legal
Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo da Aplicación móbil Abalarmobil (en diante, a “App') que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios da Internet.

A Xunta de Galicia é a titular desta App e dos distintos elementos nela incluídos.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual desta App e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible nesta App, está sometida a dereitos de copia. A información susceptible de reutilización está presente a través do portal https://www.xunta.gal. A información que a Xunta de Galicia proporciona a través do portal https://www.xunta.gal permite a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño da App e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Con estes servizos preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos da Xunta de Galicia, facilitando aos cidadáns as súas relacións coa Administración xeral e do sector autonómico de Galicia.

Cláusula de exención de responsabilidade

O contido facilitado a través desta aplicación emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se atope totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na aplicación con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario desta App, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas aos que se fai referencia na aplicación.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo/previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Con todo, Xunta de Galicia a non se asume responsabilidade algunha respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da súa falta de dispoñibilidade.

Termos de uso

Está prohibido utilizar esta aplicación con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade. As persoas usuarias non poderán acceder ao servizo de modo que danen, deterioren, inutilicen ou sobrecarguen os servizos e/a información ofrecida a través deles.

Condicións de uso

A información académica e persoal do alumnado está dispoñible na aplicación AbalarMóbil para que as persoas responsables deste poidan acceder ao seu perfil de espazoAbalar dende o seu teléfono móbil e así utilizar as súas funcionalidades desde calquera lugar de forma cómoda e rápida. É importante que os datos das persoas responsables do alumnado figuren actualizados na secretaría do centro para poder acceder ás funcionalidades da aplicación.