Espazos
- Que é abalarMóbil
-
abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.
A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece estes servizos móbiles de Abalar para permitir aos responsables do alumnado poder seguir a actividade dos seus fillos desde calquera lugar.
- Como podo descargar abalarMóbil?
-
A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple store (se o sistema operativo é iOS) ou desde Play Store (se o sistema operativo é Android).
- Que teño que facer a primeira vez que utilizo abalarMóbil?
-
O primeiro paso que debe realizar é o rexistro. Para elo debe introducir o seu número de teléfono móbil e premer en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na pantalla correspondente e premer en “Enviar código”.
Na seguinte pantalla solicítase un contrasinal, que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribilo nos dous recadros e premer en “Aceptar”.
A continuación, aparecerá unha pantalla na que se indica que o rexistro foi completado correctamente. Para finalizar, soamente é preciso premer en “Continuar” e acceder a abalarMóbil co contrasinal elixido, para poder visualizar os datos do alumno.
- Por que me aparece unha mensaxe indicando que o meu teléfono non está asociado a ningún alumno?
-
Para poder acceder á aplicación abalarMóbil é preciso que o seu número de teléfono estea rexistrado na plataforma XADE (base de datos do centro educativo).
Para solucionar este problema, deberá acudir á secretaría do seu centro e solicitar que se actualicen os números de teléfono móbil na súa ficha como responsable do alumno.
- Por que me aparece unha mensaxe indicando que existe máis de un usuario con ese número de teléfono?
-
O número de teléfono móbil que utilice para acceder á aplicación abalarMóbil soamente pode estar asociado a un usuario, é dicir, nin o alumno nin ningún outro responsable pode ter rexistrado ese mesmo número de teléfono.
Para solucionar este problema, deberá acudir á secretaría do seu centro educativo e solicitar que modifiquen os números de teléfono móbil que están asociados ao alumno e/ou aos responsables.
- Que requisitos debe cumprir o meu contrasinal de usuario?
-
O contrasinal de usuario debe cumprir os seguintes requisitos:
- Conter como mínimo 4 carácteres.
- Non pode estar composto polo DNI nin o nome ou apelidos do propio usuario.
- Se teño a aplicación instalada en máis dun dispositivo, o contrasinal é o mesmo para todos eles?
-
Si. Unha vez finalizado o rexistro no primeiro dispositivo poderá proceder ao rexistro no seguinte dispositivo, utilizando o mesmo número de teléfono.
Por motivos de seguridade solicítase un novo contrasinal que deberá ser diferente aos 5 últimos elixidos, é dicir, se desexa rexistrar máis dun dispositivo, o último contrasinal elixido será o establecido e co que poderá acceder á aplicación desde calquera dos dispositivos.
Se realizou un novo rexistro e aínda conserva activa a sesión dalgún outro dispositivo, deberá volver a identificarse co novo contrasinal.